Información
Localidades de Galicia

ADIF PRIVATIZA A VENDA DE BILLETES DAS ESTACIÓNS DE GUILLAREI, CARBALLIÑO, SARRIA e RIBADAVIA

Información
20 Junio 2019 515 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

ADIF publicou na súa web (Ver ligazón: https://bit.ly/2WWufct) a licitación dos servizos públicos de información, atención o viaxeiro e venda de billetes das estacións galegas de Guillarei, O Carballiño, Sarria e Ribadavia que está a prestar nestes intres persoal do colectivo de Circulación de ADIF, que compaxina a infortmación e venda de billetes ca xestión do tráfico ferroviario.

 

 

Dende CGT denunciamos o que significa a privatización de servizos públicos ferroviarios, por mor de que ADIF négase a contratar novo persoal que faga este traballo. O seguinte paso será o peche dos gabinetes de circulación de estas estacións, deixando a liña convencional Ourense-Compostela, Monforte-Coruña e Redondela-Ourense sen persoal nos seus gabinetes de circulación e con tan só o persoal da empresa privada que se adxudique a licitación agora iniciada.

 

En Maio de 2018 tocoulle a O Barco e A Rúa, primeiras estacións galegas que sufriron a privatización da información e venda de billetes e agora, neste segundo proceso tócalle a Guillarei (Pontevedra), O Carballiño Ourense), Ribadavia (Ourense) e Sarria (Lugo), xunto con Viana (Valladolid) Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) Sahagún (León) e Astorga (León).

 

A media de idade do cadro de persoal operativo de ADIF rolda os 54 anos e a empresa pública en vez de contratar novo persoal que rexuveneza o seu cadro de persoal, está a privatizar servizos ferroviarios. Xa en 2018 o Presidente de ADIF naquel intre Juan Bravo, en declaracións públicas que recolleron os medios de comunicación estatais, (premer sobre esta ligazón) recoñecía a alta idade do cadro de persoal da empresa que dirixía e denunciaba que só un 7% dos seus 13.000 traballador@s baixaban dos 40 anos.

 

Dende CGT denunciamos esta política de privatización das funcións do persoal de ADIF e o incremento de peche de gabinetes de circulación, deixando as estacións sen persoal da empresa pública que atendan o tráfico e servizos ferroviarios.

 

CGT vai iniciar unha campaña de denuncia ante traballador@s, opinión pública, Concellos e Grupos Políticos de estos procesos de privatización por mor da falla de cadro de persoal e que ten unha solución moi doada, a contratación de nov@s traballador@s que den corpo e futuro a unha empresa moi importante estratexicamente para o país e as suas infraestructuras, como é o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias e que se atopa en pleno proceso de descapitalización dos seus rescursos humáns.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.