Información
Localidades de Galicia

Rapa das Bestas, a gran cita internacional que abre a tempada de festas no verán

Información
27 Junio 2019 185 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Rapa das bestas

A Deputación de Pontevedra da un ano máis o seu apoio á Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), unha das cinco Festas de Interese Turístico Internacional nas Rías Baixas e o evento que abre a tempada festiva grande na provincia de Pontevedra. O Palacete das Mendoza acolleu esta mañá a presentación desta edición, que terá lugar entre o 5 e o 8 de xullo, nun acto que tivo ó deputado Santos Héctor Rodríguez como anfitrión e que contou coa participación, entre outros e outras, da intérprete Rosa Cedrón, un dos grandes nomes este ano do cartel do Festival Rapasons.

 

"A Rapa das Bestas é unha celebración extraordinaria, un espectáculo multitudinario de enorme forza visual no que os aloitadores e aloitadoras bátense corpo a corpo coas bestas para cortarlle as crinas", explicou o deputado de Turismo, quen destacou que este evento de interese internacional "contribúe a poñer á provincia de Pontevedra no mapa das grandes festas de Europa".

O responsable de Turismo recoñeceu o traballo da organización todo o ano "para que as greas (ou mandas) poidan estar nos tres curros", e destacou que Sabucedo "é unha zona de grandísima beleza, cunha poboación hospitalaria que reflexa á perfección o carácter acolledor da provincia de Pontevedra".

87 xornalistas acreditados

A espectacular aloita atrae profesionais da comunicación de todo o mundo. O presidente da Asociación Rapa das Bestas, Henrique Bazal, explicou que polo momento estendéronse 87 acreditacións para medios nacionais e de outros nove países, entre eles EE UU, Arxentina, Colombia, Portugal, Rusia, Francia e Alemaña. "A festa chegará a millóns de persoas", indicou.

A Rapa arrinca este ano o venres 5 de xullo coa misa na honra a San Lourenzo e a subida ao monte, onde se xuntan as distintas greas. As bestas son baixadas ao pobo e celébranse tres curros: o sábado (ás 19 horas), o domingo (12 h) e o luns (12 h). Este ano a organización espera reunir 350 bestas para os curros. Bazal lembrou que o curro do luns ten carácter solidario. Parte da recadación será entregada ao Banco de Alimentos.

"A Rapa é un atractivo turístico importantísimo na nosa zona. Todas as casas rurais están ateigadas, e tamén as da contorna, ata Pontevedra mesmo", explicou na presentación Juan Constenla, concelleiro a Estrada.

Rapasons: "O sentir dun pobo"

O curro é a parte máis espectacular da Rapa, pero as festas inclúen unha ampla axenda de actos culturais e de lecer para todos os públicos. A principal é o Festival Rapasons, que terá lugar entre a noite do venres e o mediodía do luns. Este ano conta cunha ducia de actuacións.

Rosa Cedrón remarcou que Rapasons "reflexa o sentir dun pobo" e enxalzou o programa "bonito e completo, cun amplo abano de estilos musicais galegos". A artista animou á veciñanza da provincia e ás persoas que nos visitan a acudir á Rapa. "É un fin de semana estupendo para pasar en Sabucedo", afirmou.

A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) é unha das cinco festas de Interese Turístico Internacional da provincia de Pontevedra. Un espectáculo no que os aloitadores e aloitadoras demostran a súa mestría corpo a corpo cos cabalos e eguas, sen ningún tipo de aparello. Milleiros de persoas achéganse para gozar da festa e asistir aos curros nesta parroquia de apenas 60 habitantes.

Mapa de festas

Por outra banda, na presentación da Rapa das Bestas o deputado de Turismo anunciou a próxima entrega nas oficinas de Turismo da provincia dun novo material sobre as Festas de Interese Turístico das Rías Baixas. Trátase dun folleto cun mapa dos 27 eventos destas características que terán lugar de aquí a novembro, e que está xa dispoñible na web de Turismo Rías Baixas. Proximamente entregarase nas oficinas de Turismo de toda a provincia.

O mapa de festas das Rías Baixas informa dos concellos nos que se celebra cada un destes eventos e as datas nas que terá lugar. Detalla ademais a súa tipoloxía clasificándoas en enogastronómicas, históricas, culturais, relixiosas e deportivas.

A publicación inclúe unha descrición máis ampla das 5 maiores citas, tres delas de Interese Internacional (Rapa das Bestas, Festa do Albariño en Cambados e Romaría Viquinga de Catoira), e dúas de Interese Turístico Nacional (Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa e a Festa do Marisco do Grove).


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+