Información
Localidades de Galicia

A escola de Verducido consegue un novo alumno e reabre a esperanza de lograr recuperar a mestra

Información
04 Julio 2019 245 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A comunidade escolar do C.E.I. de Verducido, superando toda expectativa, celebra conseguir unha nova matrícula en infantil para o vindeiro curso. Esta boa nova reabre a esperanza de recuperar a súa mestra e con ela a súa 2ª unidade de infantil. 

 

Preocupados pola situación de precariedade na que quedaría o centro con só unha mestra fixa e outra que cambia cada curso, roga o Xefe Territorial, o Sr. Pérez Ares, reconsidere a marcha da mestra de infantil e devolva a devandita unidade a escola. Máis tendo en conta a posibilidade de que en setembro siga aumentando a matrícula e que a retirada dunha praza fixa é unha medida estrutural que lles parece desproporcionada.

Dende a comunidade escolar de Verducido lembran que o Consello Escolar do Estado indica que non se debe suprimir ningunha aula de escolas rurais que teña un mínimo de 8 alumnos. Nas condicións actuais en Verducido existen 18 matrículas de infantil, é dicir, máis que suficiente para manter 2 aulas.

A súa vez indican que a ratio media das escolas públicas galegas é de 9.8 alumnos por cada docente (dato do curso 2015-2016), ratio que se superaría na escola de Verducido no caso de ter 3 mestras.

Na escola de Verducido están confiados en que dende a Xunta teñan en conta que na situación actual e no caso de que algunha docente teña que ausentarse, quedaría unha soa profesora para 32 nenos de 3 a 8 anos, algo inasumible e inquietante para as familias. E que de xeito habitual as 2 mestras, ademais da súa labor docente deben encargarse doutras tarefas organizativas e administrativas: dirección do centro, xefatura de estudos, atención a diversidade, conserxería, administración, consello escolar...

Na comunidade educativa da Escola de Verducido atópanse animados e xa están preparando os seguintes pasos a dar no caso de non ter unha resposta positiva por parte da Xunta. Entre as seguintes accións están preparando unha marcha polo ensino no rural e en defensa da escola pública.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+