Información
Localidades de Galicia

DENUNCIA QUE FEIJÓO UTILIZA A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO “PARA RESOLVER PROBLEMAS DO PP” EN VÉSPERAS DAS ELECCIÓNS GALEGAS

Información
29 Julio 2019 247 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Fernández Leiceaga acusa a Feijóo de “devaluar as institucións” ao dispoñer os medios autonómicos “para combater co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra”

 

Santiago, 29 de xullo de 2019. O voceiro do Grupo Socialista no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe a convocatoria dun pleno extraordinario para esixir a Feijóo que explique como “está instrumentalizando politicamente as institucións autonómicas para resolver problemas partidarios do PP”.

En concreto, o voceiro socialista aludiu así á designación de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo xusto despois de ser nomeada presidenta da xestora que o PP tivo que compoñer na cidade olívica a raíz do seu batacazo electoral.

Quéreselle dar solución dende un cargo da Xunta”, reprobou Fernández Leiceaga, quen recordou que Ignacio López Chaves foi cesado non pola súa mala xestión, senón pola necesidade de atallar “a crise electoral do PP” de Vigo tras caer ao terceiro posto nas pasadas xerais.

De feito, como sinalou, recibiu “un premio de consolación” co seu nomeamento á fronte do Porto de Vigo, o que supón que “Feijóo incide no uso da Xunta con fins partidarios”. “Indica ben ás claras o que ocorre”, subliñou.

E, tras constatar a “instrumentalización” dos cargos públicos, o voceiro socialista advertiu de que utilizar a Xunta “para que o PP prepare as eleccións” supón “devaluar as institucións”. De feito, reprobou que se dispoñan “os medios” da delegación do goberno galego en Vigo “para combater co Concello de Vigo e coa Deputación de Pontevedra”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.