Información
Localidades de Galicia

O convenio coa Fanpa para a xestión dos comedores escolares dará servizo a 45 nenos en risco de exclusión

Información
09 Agosto 2019 193 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O concelleiro de Educación, Tino Fernández, avanza que o acordo de

colaboración “incrementará sustancialmente a súa contía

económica” e agarda que poida asinarse “a finais de mes”

Pontevedra, 9 de agosto.- O convenio que o Concello de Pontevedra

está a piques de asinar coa Federación de Nais e Pais de Alumnos

(Fanpa) permitirá ofrece-lo servizo de comedor escolar a 45 nenos en

risco de exclusión social. Tal e como avanza o concelleiro de Educación,

Tino Fernández, o acordo de colaboración “incrementará sustancialmente

a súa contía económica (actualmente ascende a 210.000 euros anuais) e

a idea é que poida asinarse a finais de mes”.

O edil socialista mantivo o pasado 22 de xullo unha reunión co presidente

da Fanpa, Rogelio Carballo, e mailo seu vicepresidente, Ángel Sánchez,

co obxectivo de poñer en marcha a elaboración dun novo convenio, xa

que o último que se asinou data do ano 2014 e, polo tanto, “esgotáronse

os catro anos de prórrogas que permite a lexislación (sen que ademais se

produciran modificacións nas condicións do mesmo)”.

Segundo sinala Tino Fernández, “trátase dun acordo esencial para o

conxunto da comunidade educativa”, ao incluír tanto a porcentaxe coa que

a Concellería de Educación subvenciona o funcionamento e xestión dos

comedores escolares e do Plan Madruga en 18 centros educativos do

municipio, como as axudas ás actividades organizadas pola Fanpa.

Os comedores escolares -subliña o edil do PSOE- dan servizo a uns

1.100 nenos diarios en todo o municipio. O novo convenio incrementará

de 32 a 45 o número de rapaces en risco de exclusión social aos que se

lles dará cobertura e, ademais, farao dende o mes de setembro (ata o de

agora incorporábanse ao servizo en outubro)”.

 

En opinión do concelleiro de Educación, o aumento da achega económica

para a Fanpa “supón un investimento cun evidente valor social”, posto que

garantizará a prestación “dun servizo que é fundamental para as familias”.

En concreto, a través das subvencións municipais, a Fanpa xestionará os

comedores escolares dos CEIP A Carballeira, A Xunqueira I, A Xunqueira

II, Álvarez Limeses, Barcelos, Cabanas, Campolongo, Froebel, Manuel

Vidal Portela, Marcón, Parada (Campañó), Ponte Sampaio, San Bieito de

Lérez, Santo André de Xeve e Vilaverde, así como do CEP Marcos da

Portela e os EEI Concepción Crespo Rivas e Fina Casalderrey.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+