Información
Localidades de Galicia

O Concello desbloquea a ampliación do Hospital Universitario de Ferrol

Información
25 Agosto 2019 541 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Urbanismo, que dirixe Julián Reina, desbloqueou o proxecto da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). O edil explicou que sacar adiante este proxecto “foi unha prioridade absoluta para este goberno municipal desde o día en que chegamos”, e destacou que “en pouco máis dun mes desde Urbanismo logramos resolver todos os trámites” que había pendentes por parte do Concello.

Eses trámites aos que se referiu Reina consistían na autorización sectorial, que pon fin ás xestións que lle competen á Administración local no referido a esta obra. É unha “boa noticia para todos os veciños de Ferrol e comarca”, dixo.

Por parte de Urbanismo estudouse de forma “pormenorizada” o proxecto da Xunta e advertiuse á Administración autonómica que “hai problemas de conexión cunha rede de saneamento existente”, explicou Julián Reina. É por iso que desde a súa concellería emitiuse o informe técnico “para que o teñan en conta”.

Tras o desbloqueo por parte do Concello deste importante proxecto, o edil de Urbanismo reitera a súa vontade de seguir a disposición da Xunta para ofrecer aos veciños de Ferrol e comarca os mellores servizos.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.