Información
Localidades de Galicia

O curso comeza con 42 aulas menos, 62 postos de traballo perdidos, inestabilidade e máis profesorado afín ao PPdeG

Información
10 Septiembre 2019 200 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Á espera de coñecer os destinos provisionais de secundaria, o curso comeza con 42 aulas menos en primaria e a perda de 62 postos de traballo definitivos; con dous terzos do profesorado de ESO, bacharelato e FP impartindo afíns e, cando menos, un 16% de mestras provisionais con contratos itinerantes. Así o denunciou a CIG-Ensino esta mañá na rolda de prensa de avaliación do inicio de curso, onde o seu secretario nacional, Suso Bermello denunciou ademais que “mentres centos de docentes do colectivo interino poden perder o seu traballo, a Xunta mantén a súa aposta obsesiva pola FP dual e o desprezo ao galego da era Feijóo”.

 

San Caetano, apagado o fóra de cobertura

O curso comeza coa consellaría de educación “apagada ou fóra de cobertura”. Así o considera o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, para quen esta é a definición máis acaída dunha  conselleira “que exerce como xefa de marketing ou protocolo, de visita en visita aos centros, mais ausente dos seus problemas reais”.

Neste sentido, Bermello denunciou que “desde o momento en que tomou posesión non manifestou a mínima vontade de interlocución coas organizacións sindicais, máis alá dunha única reunión protocolaria e baleira de contidos coa representación do profesorado” e que, lonxe disto o que pretendeu foi “relegar as mesas de negociación a un mero trámite, sen abrir ningunha canle de negociación das demandas presentadas, unha e outra vez, polo persoal docente e pola comunidade educativa”.

A recuperación do horario roubado, a principal reivindicación

Co aval de 12.000 sinaturas docentes, a volta ás 18 horas lectivas semanais en secundaria e FP e ás 21 en infantil e primaria, será a principal reivindicación que levará a CIG-Ensino ás distintas mesas de negociación este ano e que marcarán a súa acción sindical. Unha medida que para Bermello “redundaría sobre todo na mellora da calidade do ensino, permitindo de novo facer desdobres e incrementando os apoios, é dicir unha atención máis individualizada do alumnado, así como recuperar parcialmente a cifra dos 3.000 postos de traballo perdidos desde o inicio da crise”.

Máis cando xa hai comunidades autónomas que restituíron os horarios que o seu persoal docente tiña antes da imposición unilateral do PP no 2012 (Navarra, Euskadi, Cantabria, Canarias, Andalucía, Asturias e Estremadura) e outras están en trámite de o faceren, o goberno de Feijóo non ten escusas para seguir castigando o profesorado galego.

Melloras nas condicións de traballo e na calidade educativa, á espera

Xunto a isto, para a CIG-Ensino hai outras cuestións urxentes a negociar durante este curso que serán trasladadas á administración. Entre outras, o secretario nacional da CIG-Ensino apuntou:

 

  • As ratios. A dicotomía que se está a consolidar nestes últimos anos entre o medio rural e o urbano marca de novo o inicio de curso, con aulas saturadas nos ámbitos urbanos e perirurbanos e con peche de aulas e mesturas de niveis no ámbito rural e vilego, cos conseguintes problemas de atención á diversidade. En primaria o curso comeza con 42 aulas menos no país e coa perda de 62 postos de traballo definitivos e unha tendencia clara a agrupar cursos de infantil e ciclos de primaria nas vilas pequenas.
  • As afíns. Máis da metade do profesorado con destino provisional de secundaria e FP impartirá materias nas que non son especialistas, o que unido a un elevado número de docentes definitivos que tamén imparten especialidades diferentes á súa dá unhas cifras totalmente inxustificábeis. Se temos en conta a impartición de ámbitos nos PMAR ou de módulos na FP Básica cabe concluír que por volta de dous terzos do profesorado de ESO, Bacharelato e FP imparten especialidades que non lle son propias e moitas veces que non gardan ningunha relación coa súa formación académica e experiencia profesional. A CIG-Ensino esixirá unha vez máis unha regulación das afíns para non perverter o decreto de especialidades docentes e a calidade do ensino que recibe o alumnado.
  • As itinerancias. Con maior incidencia no profesorado de infantil e primaria, non varía a respecto de cursos anteriores (un 16% das mestras con destino provisional traballan en mais dun centro, ao que hai que unir as especialistas de PT e AL con destino definitivo que este ano tamén compartirán centros).

A PF dual, unha nova vía de privatización do ensino público

A aposta da Consellaría de Educación pola FP Dual implica decantarse pola empresa en vez de polo sistema educativo público. En palabras de Suso Bermello, “esta vía tan aclamada pola Xunta, até o punto de dedicar orzamentos e recursos que lle negan a outras demandas dos centros, supón a entrada de facto das empresas no ensino, ao seren as que seleccionan o alumnado, ademais de condicionar os temarios, a formación e mesmo a distribución do currículo dos ciclos formativos”.

A este respecto denunciou que “son as empresas as que fixan as bolsas que percibe o alumnado, sen ningunha esixencia por parte da Consellaría, e as que fan e desfán na política de persoal, empregando como man de obra barata o alumnado da FP Dual” e manifestou a súa preocupación porque ao desviar a formación que se impartía nos centros cara ás empresas vanse reducir os postos de traballo para o profesorado de formación profesional.

O galego, abandonado e desprezado

“Outra constante que non mudou co cambio de cara na Consellaría, e que polo tanto deixa ás claras que a política lingüicida é claramente marca de identidade de Feijóo, é o maltrato que recibe a nosa lingua no sistema educativo”, subliñou Bermello.

O secretario nacional da CIG-Ensino lembrou que “o curso actual será o do décimo aniversario da maior deriva contra o noso idioma, coa publicación do decreto de plurilingüismo, e que a día de hoxe nos deixa unha presenza residual do galego nas aulas de infantil das cidades, a prohibición do seu uso en materias científico tecnolóxicas, mentres que se premian publicacións que non se van poder usar por este veto, ou unha minguante presenza nos ciclos formativos de FP”.

Isto xunto coa escaseza de materiais didácticos na nosa lingua, especialmente nos novos formatos dixitais. Unha constante mentres o goberno galego se desentende dunha deriva alarmante no uso do galego na mocidade.

A inestabilidade laboral do profesorado interino

Cunhas oposicións nas que o 33% das persoas que as superaron nunca traballaron no ensino ou que un total do 52% traballaron menos de 1 ano e con porcentaxes de aprobados con máis de 5 anos de experiencia no ensino público que non chegan ao 20%, para a CIG-Ensino fica claro que nos atopamos cun enorme problema que a administración educativa despreza e os seus socios sindicais non queren ver: son centos os docentes que perden os seus postos de traballo e pasan a facer substitucións, incidindo na precariedade laboral deste colectivo.

Por iso o secretario nacional da CIG-Ensino urxiu a facer cambios no sistema de oposicións para garantir un verdadeiro concurso-oposición e a realizar un estudo rigoroso das ofertas de emprego e da situación das listas por especialidade, así como a negociar un acordo de estabilidade.

A LOMCE segue mentres o goberno do Estado xoga con nós

Na rolda de prensa Bermello denunciou ademais o compromiso incumprido polo PSOE de derrogar a LOMCE no seu ano de goberno e que “o impase e o xogo de intereses partidistas no centro-esquerda parlamentario español mantén inalterábel o imperio da peor lei educativa das últimas décadas”.

Neste sentido lembrou o último episodio vivido hai escasas datas coa sentenza dun xulgado galego que entende como natural que alumnado de Bacharelato que quere cursar materias como Robótica, Antropoloxía ou Coeducación teña que verse obrigado a sumar Relixión na súa formación académica. “Desprézase deste xeito a aconfesionalidade do Estado”, dixo, “unha anomalía permitida e amparada pola LOMCE que, segundo se comprobou, o PSOE quere manter ao non ser quen nin sequera de anular o carácter académico e a obriga de ofertar Relixión, unha postura na que a Xunta tampouco está disposta a modificar a oferta de materiais de libre configuración para evitar esta situación”, concluíu, ao tempo que lembrou a firme oposición do sindicato á presenza da Relixión nos centros educativos


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+