Información
Localidades de Galicia

Ourense edita o número 33 do "Anuario da Gaita"

Información
17 Septiembre 2019 271 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A publicación conta con traballos de destacados especialistas no coñecemento da cornamusa e da súa historia.

Ourense, 17 de setembro de 2019.- A Deputación de Ourense, a través da Escola Provincial de Gaitas, edita o número 33 do "Anuario da Gaita", unha publicación que conta con traballos de destacados especialistas no coñecemento da cornamusa e da súa historia. A presentación desta nova edición tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o musicólogo e colaborador da publicación, Jorge Lira.

 

O "Anuario da Gaita" é unha publicación "única nas súas características en Galicia e unha obra de referencia para os estudosos e amantes da cornamusa, que dota de luz a historia, a tradicións e os usos deste instrumento musical de Galicia", sinalou Rosendo Fernández. "Trátase dunha das moitas actividades que desenvolve a Escola Provincial de Gaitas ao longo do ano a prol da nosa cultura e da nosa tradición, que achega ao lector investigación, historia, cultura e etnografía sobre o mundo da gaita", engadiu o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Esta publicación é "unha aposta pola defensa da nosa identidade ourensá e galega, que achega valor á política cultural da Deputación", dixo Rosendo Fernández. Neste mesmo sentido, a deputada provincial de Cultura felicitou á Escola de Gaitas por este traballo que "afonda no coñecemento do instrumento de Galicia e, en especial, de Ourense, e contribúe á súa difusión".

Pola súa parte, o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación explicou que o "Anuario da Gaita" ten como filosofía "recompilar os eventos máis importante que se realizan ao longo do ano, recoller traballos científicos e dedicar unha sección de pasamentos sobre persoas destacadas no mundo da Cultura".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+