Información
Localidades de Galicia

“É como se dixeran que Chernobil era un cuberto para afumar chourizos”: Destápanse as falsidades da Xunta sobre “San Finx” no Parlamento Europeo

Información
03 Octubre 2019 715 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Precisamente as tentativas do departamento que dirixe Ángel Bernardo Tahoces de
desfacerse das responsabilidades sobre as presas de residuos mineiros tentando
cargarlle o problema a Augas de Galicia precipitaron a súa imputación en abril deste ano.


Para ContraMINAcción, que en xuño acompañou nunha inspección das presas ao
hidrólogo Steven H. Emerman, “o novo informe non é só unha tomadura de pelo ao
Parlamento Europeo e à Comisión, máis unha fuxida para adiante à desesperada. O máis
grave é que estamos ante unhas infraestructuras en estado de abandono e con signos
claros de licuefacción interna que, tarde ou cedo, implicarán unha falla crítica con enorme
impacto ambiental algas abaixo e em toda a ría de Muros e Noia”.
As presas que agora a Xunta di seren para uso hidroeléctrico están perfectamente
documentadas como presas de residuos mineiros nos plans anuais de labores da
explotación dentre 1983 e 2000, ano no que misteriosamente se deixaron de presentar.
Tamén constan como tales nun inventario de balsas e escombreiras de residuos mineiros
encargado pola Xunta en 1999, despois do desastre ecolóxico de Aznalcóllar. Non
obstante, a Xunta fixo desaparecer as presas no proxecto mineiro e plan de restauración
que aprobou en 2009 e que ocultou a todos os organismos sectoriais, incluído o
ambiental. Na súa réplica a Zoido, o representante do peticionario comparou o afirmado
pola Xunta con que un Estado dixera ao Parlamento “que Chernobil era un cuberto para
afumar chourizos”.
Este negacionismo e a pretensión da Xunta de que unha mina iniciada em 1883 poidese
operar em pleno século XXI exactamente igual que fai 100 anos, valeulle as duras críticas
das deputadas dos Verdes, EFA, Renew Europe e Socialistas e Demócratas, que pediron
abertamente que se establecese unha misión de investigación conformada por
representantes de todos os grupos parlamentarios para comprobar a situación sobre o
terreno e as denuncias de vulneración sistemática de distintas directivas, incluínda as de
calidade das augas, avaliación ambiental, participación pública e control da contaminación
por parte das industrias extractivas.
A misión de investigación realizarase con toda probabilidade en 2020 de forma
independente aos outros procedementos de investigación en curso sobre a situación en
San Finx, incluíndo as próprias dilixencias penais contra os altos responsábeis da Xunta e
empresas mineiras e o procedemento aberto na Comisión de Cumprimento do Convenio
de Aarhus nas Nacións Unidas. Desde ContraMINAcción confíase en que “a atención e
ridículo internacional faga con que a Xunta recapacite e asuma as súas responsabilidade
de control e supervisión para que as presas mineiras de San Finx e a contaminación
asociaciada á mina deixe de ser unha ameaza para a ría e as persoas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.