Información
Localidades de Galicia

A Mesa reclámalle ao alcalde de Ourense que "deixe atrás o autoodio" e cumpra co seu deber de defensa e promoción do galego

Información
08 Octubre 2019 317 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Manuel Carniceiro recoméndalle a Xácome a lectura e aplicación da Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade en defensa da lingua
 
Ourense, 8 de outubro de 2019.- A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta mañá os continuos ataques á lingua galega realizados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, desde a súa toma de posesión. Para A Mesa, declaracións como as realizadas con motivo do pregón das festas de San Francisco, cando comezou dicindo “vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego”, son absolutamente vergoñentas e impropias do máximo representante da terceira cidade galega.
 
"O rexeitamento da lingua galega como sinal máis característico de Ourense, unha das principais capitais galegas", o responsábel da Mesa en Ourense, Manuel Carniceiro, "é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio da principal referencia institucional da cidade". "Se actúa así nalgo tan básico e elemental como a lingua", pregúntase Carniceiro, "como será no resto de cuestións que afectan á cidadanía?".
 
A denuncia desta mostra de odio á lingua galega está a ser tramitada a través do servizo A Liña do galego, que xunto á Valedora e a Secretaría Xeral de Política Lingüísitica, se dirixirá directamente á propia alcaldía para que a rectificación teña consecuencias prácticas a través do cumprimento das obrigas de promoción e defensa da lingua galega á que están obrigados todos os poderes públicos de Galiza.

A este respecto, o responsábel da Mesa na cidade recoméndalle ao alcalde "como bo tratamento para deixar atrás o autoodio" que lea e aplique a Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade e enviada a todas as concelleiras e concelleiros eleitos no pasado mes de maio, incluído o propio Xácome.
 
A Mesa pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. Calquera persoa sensíbel coa causa do idioma galego pode facer parte da Mesa, que coas súas 4000 socias e socios é a maior asociación cultural de Galiza. Todas aquelas persoas que coñezan ou sofran casos de discriminación polo uso do galego poden tramitar a súa denuncia a través da Liña do galego.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+