Información
Localidades de Galicia

Tes dereito a... ser desafiuzada

Información
23 Octubre 2019 356 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Nos barrios, nas periferias resoan as verbas do alcalde de Vigo: “La oficina antidesahucios es mi mesa. Llamo yo al banco y los paro”. Declaracións que son insulto para moitas de nós, as que sufrimos a violencia cotiá de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas. Para a nosa desgraza os cartos que escasean para políticas sociais guíndanse en babecadas ao gusto dos grandes capitais e as súas amizades.

 

Iniciamos un novo curso na ODS-Coia con varias compañeiras sufrindo graves problemas de vivenda. Malia que son moitas as privadas do dereito a un teito, tan só unhas poucas son quen de racharen cos estigmas, os cales responsabilizan aos individuos das consecuencias de problemas estruturais, e son quen de compartir o sufrimento derivado do medo a ficar sen vivenda. Nos últimos días demos conta nas redes do inminente desafiuzamento dunha familia de Coia por falta de pagamento. Unha parellas con dúas fillas pequenas malviven coa RISGA como único ingreso. Acumularon meses de impagamento e a inicios do verán o propietario, tras varios avisos, presentaba denuncia no xulgado que iniciaba o proceso de desafiuzamento. Con agosto polo medio e cunha suspensión da vista, ao final o xuízo celebrouse o pasado mércores 16 de outubro. Agora, mentres aceleran a procura de vivenda, agardan pola sentenza firme que fixará a data de lanzamento, seica será nos primeiros días de novembro.

A situación que padecen estas compañeiras fala con claridade das desastrosas políticas en materia de vivenda que teñen Xunta de Galiza e Concello de Vigo e como estas afectan ás empobrecidas. Como di Albert Sales “a crise de acceso á vivenda das cidades europeas non se arranxa con máis axudas nin con máis servizos sociais”. Unha afirmación que non escusa para que mentres non acadamos mudanzas estruturais as respostas dadas polos servizos sociais non sexan efectivas.

Esta familia sabedora de que eles no mercado non ían atopar respostas á súa necesidade de vivenda, deron todos os pasos fixados polas administracións competentes (Xunta de Galiza e Concello de Vigo) para tratar de conseguir un teito. Explicamos a continuación as axudas en materia de vivenda que solicitaron, así como os resultados das mesmas:

1) Inscribíronse no rexistro de demandantes de vivenda protexida da Xunta de Galiza.

Resultado: ningún. A Xunta hai anos que non inaugura vivendas de promoción pública en Vigo, a última gran convocatoria foi hai dez anos coa adxudicación dos 384 pisos no “edificio branco” de Navia. Nos vindeiros meses anunciaron que van entregar 26 pisos nun edificio na rúa Canicouva e 36 noutra construción na rúa Ignacio Grobas.

2) Solicitude e incorporación no programa RECONDUCE da Xunta de Galiza [1]

Resultado: malia acudir en numerosas ocasións as dependencias que o programa ten en Vigo o despexo é inminente á espera da sentenza firme que fixe a data. Desde o programa poden solicitar que o xulgado aprace o despexo por seren unha familia vulnerable (situación acreditada co informe social dos servizos sociais municipais), mais dinlles que a solución e que continuen coa procura de vivenda.

3) Solicitude e concesión do Bono de Alugueiro Social da Xunta de Galiza [2]. Trátase dunha subvención de 225€/mes para o pagamento do alugueiro. Renóvase todos os anos até un máximo de tres, a vivenda que atopen non pode superar os 450€/mes no caso de Vigo.

Resultado: téñeno concedido, mais a Xunta non llo aboará até que consigan unha vivenda.

4) Comunicar o inminente despexo aos servizos sociais do Concello de Vigo.

Resultado: dado que son perceptores de RISGA desde hai anos, a súa situación é coñecida polos servizos sociais municipais, que visitan con regularidade en cumprimento do proxecto de inserción desta “esmola social”. Son informados que o departamento podeconcederlles axuda económica para un mes ou dous de alugueiro no caso de que atopen vivenda a través das Axudas de Emerxencia Municipais (o goberno as renomeou hai uns anos como “Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social” [3]

5) Solicitar en abril as “Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2019” [4] do Concello de Vigo.

Resultado: tras agardar máis de cinco meses pola resolución do coñecido como “cheque social” concédenlle 252,38 € para gastos de vivenda e alimentación. No mes de outubro e iniciado o despexo o concello ingrésalle ao propietario da vivenda na que residen 200 € en concepto de axuda de vivenda do “cheque”.

A morea de solicitudes, de axudas concedidas durante este proceso non foi quen de evitar o desafiuzamento, e sobre todo, ningunha destas medidas aseméllase a garantir o dereito a unha vivenda digna. O mercado controla o parque de vivenda, os grandes capitais precisan aínda máis rendemento o que se traduce no crecemento do prezo dos alugueiros nos últimos anos. Suba que ven da man do endurecemento das esixencias para os futuros inquilinos (avais e seguros), da redución dos dereitos das inquilinas ou da expulsión de veciñas dos seus barrios e cidades.

Fronte a isto as administracións actúan favorecendo aos grandes capitais con regulamentos urbanísticos que desprotexen a veciñanza, mentres tratan de disimular con faragullas sociais as consecuencias das súas medidas. En Vigo, tanto Xunta como goberno municipal tratan de eludir as súas responsabilidades en materia de vivenda, as dúas administración ofrecen medidas propagandísticas que ademais de violentar ás afectadas coa súa burocracia só serven para manter privilexios e negocios dunha minoría.

Sen dúbida nesta disputa o capital rabúñanos cada día máis dereitos, por iso cómpre organizar a loita polo dereito a unha vivenda digna para todas. Temos dereito a unha vivenda, ou nola dan ou a collemos!

Outubro 2019

ODS-Coia


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+