Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE A SANIDADE “RECTIFICAR” O PECHE DO PARITORIO DE VERÍN

Información
04 Diciembre 2019 646 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Julio Torrado denuncia que a Xunta “apela á política do medo” ante a poboación e censura que “traten aos profesionais para usar e tirar, unicamente para xustificarse”

 

Santiago de Compostela, 04 de decembro de 2019. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe ao conselleiro de Sanidade que “rectifique” a supresión do paritorio de Verín que obriga ás mulleres a desprazarse a Ourense para dar a luz. Torrado presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que denunciou o “recorte programado e sistemático” dos servizos sanitarios por parte do goberno galego.

Torrado reclamoulle ao conselleiro que atenda ao “clamor atronador” da cidadanía de Verín e xa de todo Ourense “incluíndo aos compañeiros seus alí”, e advertiu que “xa houbo deputados do PP de Ourense pechados nun piso -no seu día contra unha decisión da xunta-, e hoxe a oposición e os seus parlamentarios de Ourense suman maioría absoluta”. Aludiu así á oposición do presidente do PP de Ourense, José Manuel Baltar, contra esta decisión do goberno galego.

Sinalou ao conselleiro para apuntar que “está vostede pasando o exame co seu Grupo, e non parece que estea aprobando”, espetoulle antes de remachar que “se non rectifica vanno rectificar a vostede”, despois de reprocharlle a súa “soberbia insultando aos profesionais”, e censurou que “os traten para usar e tirar, unicamente para xustificarse”.

Torrado denunciou que a decisión responde ao “recorte programado e sistemático” da sanidade pública porque, subliñou, “non hai ningún outro criterio técnico que o decida”. Denunciou que a Xunta defendera no Parlamento o pasado 20 de novembro a nova organización sanitaria sinalando que “garantiría os servizos no Hospital de Verín”, para pechar o paritorio dous días despois, demostrando que “mentres falaban gardaban na man dereita o machete de recortar servizos”.

Medo e seguridade

Criticou que o goberno galego teña empregado a “política do medo sobre a seguridade” como argumentos que “son mentira, e ademais bastante lamentable”. Replicou que de ser certo “levan anos non tomando unha decisión que hoxe aceleran por seguridade e urxencia”, e subliñou que “é unha decisión política que toman porque queren”.

Neste sentido, criticou que en lugar de atender ao criterio dos xefes de Xinecoloxía de Verín ou O Barco en contra desta decisión, se amparen nun médico dun centro privado de Torrelodones que “ademais forma parte da empresa propietaria da maioría das clínicas de Xinecoloxía privadas de Galicia”.

Instou ao conselleiro a seguir o criterio doutros profesionais, como os xefes de Xinecoloxía de Verín ou O Barco, ou incluso do xefe de Asistencia ao Parto do Hospital 12 de Outubro, que vén de desmentir que se perda “pericia” no servizo, e sinalar que os argumentos da Xunta son “escusas para tomar unha medida baseada no aforro de persoal” e que entraña un “risco para as mulleres” pola distancia ao centro hospitalario.

Finalmente, apuntou que “se queren facerlle caso aos profesionais entón poñan Hemodinámica 24 horas en Ourense, ambulancias en Foz as 24 horas, e atendan ás demandas de persoal de Urxencias en Santiago ou aos xefes de Primaria de Vigo”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+