Información
Localidades de Galicia

O PECHE DA VENDA DE BILLETES EN ESTACIÓNS DO RURAL GALEGO AFECTARÁ A MAIS DE 120.000 VIAXEIR@S

Información
29 Diciembre 2019 1102 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As empresas públicas ferroviarias RENFE-Viaxeiros e ADIF decidiron pechar os servizos de venda de billetes e atención o viaxeiro presenciais das estacións de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Burela e Viveiro a partir do vindeiro 1 de Xaneiro de 2020, cuestión que dende CGT rexeitamos, estimando que mais de 120.000 viaxeiros anuais veranse afectados polo peche da venda de billetes e información das estacións nomeadas.

@s traballador@s destas estacións atenden unha importante cantidade de viaxeir@s que dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza entendemos xustifican que se manteñan abertas cara o público, garantindo un servizo ferroviario de calidade @s usuari@s galegos. Un exemplo claro é a estación de Sarria, que aumentou un 40% o número de viaxeiros entre os anos 2016 e 2018 ca utilizan, tanto nas chegadas como nas saídas, pasando don 38.921 viaxeir@s en 2016 a 54.283 viaxeir@s no 2018.

 

Este peche de servizos ferroviarios en estacións de trens que se atopan nas zonas rurais, forma parte da estratexia das empresas públicas RENFE e ADIF de continuar con recortes no ferrocarril convencional, ante a falla de cadro de persoal que están a sufrir ámbalas duas empresas e que se está a concretar na supresión de trens por falla de maquinistas obrigando @s viaxeir@s a trasladarse en buses, na circulación de trens ser persoal de Intervención, no recorte de horarios nas venda anticipada de billetes nas estacións do corredoiro atlántico, e agora temos que engadir o peche da venda e información presencial en 8 estacións do rural galego, en estacións con movementos de viaxeiros tan importantes como Sarria, Redondela ou Guillarei, onde paran trens de Media Distancia e de Longa Distancia destino/orixen Madrid, Barcelona, Bilbao, e trens con ligazón a Portugal (Valença do Minho-Porto).

Por elo o Sector Ferroviario de CGT-Galiza denuncia o modelo ferroviario que RENFE e ADIF están a implantar en Galiza, basado en estacións fantasmas sen persoal que atenda @s viaxeir@s, deixando a importantes núcleos de poboación sen o servizo de información e venda de billetes presencial, ademais de supoñer o peche das estacións que quedarían na maioría dos casos sen persoal ou co mínimo indispensable pra facer as labores de xestión do tráfico ferroviario, pero cas xanelas de venda de billetes pechadas, provocando que @s viaxeiros de estas estacións non poderán facer unha reclamación presencial, nin recibir información de retrasos ou ligazóns, nin atención persoal algunha en caso dun accidente no tren ou na propia estación, a pesar de que pagan o seu billete como o resto de viaxeir@s de outras estacións

O Sector Ferroviario de CGT vense mobilizando contra os recortes nos servizos ferroviarios por falla de cadro de persoal nas empresas públicas RENFE e ADIF, demandando un aumento das tasas de reposición d@s traballador@s que deixan a empresa por xubilación voluntaria, a través das Ofertas de emprego público que RENFE e ADIF están a sacar, pero cunha oferta de prazas insuficientes, que provoca estes recortes de servizos. Lembrar que CGT convou folgas e paros en Xullo, Agosto e Decembro por mor da falla de cadro de persoal, as externalizacións, os recortes e solicitando un aumento do emprego nas empresas públicas ferroviarias.

CGT-Galiza vai comenzar unha  campaña de defensa dos postos de traballo, contra os recortes nos servizos ferroviarios de venda de billetes presencial e atención @ viaxeir@ en Galiza e en defensa dun ferrocarril publico, social e de calidade, remitindo escritos a RENFE e ADIF, así como a Consellería de Infraestructuras da Xunta de Galiza, as Deputacións, as Asociacións de veciños, os Concellos afectados e os diferentes grupos políticos galegos, denunciando estes recortes de servizos nas estacións galegas, propoñendo iniciativas políticas e institucionais que esixan o mantemento dos postos de traballo e dos servizos presenciais que agora existen de venda de billetes e atención @ viaxeir@ en Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Burela e Viveiro

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.