Información
Localidades de Galicia

Pronunciamento das xuntas de persoal dos servizos centrais e dos servizos periféricos das provincias de Ourense e Pontevedra en contra do peche do paritorio e das urxencias pediátricas no hospital de Verín

Información
09 Enero 2020 986 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ao longo destes últimos anos foron desaparecendo postos de traballo no Hospital Público de Verín en áreas tan importantes como Medicina Interna, Paliativos, Bloque cirúrxico, Traumatoloxía ou Enfermería, chegando incluso a desaparecer servizos como o de Dermatoloxía, e agora o goberno da Xunta insiste no esmorecemento paulatino deste hospital público pechando o Paridoiro e as Urxencias pediátricas.

 

As motivacións son as seguintes:

- Unha recomendación, non normativa, que aconsella a non apertura de novas maternidades en zonas con posibilidades inferiores a 600 nacementos ao ano. Esquecendo que esas mesmas recomendacións tamén propoñen a revisión e avaliación das opcións, e non o peche, das maternidades xa abertas. Esquecendo tamén que esta cifra non a cumpre ningún dos hospitais comarcais galegos, polo que se entende que no futuro tamén se vai propor o peche dos seus paridoiros, así como os de tódalas clínicas e hospitais privados galegos que non acaden esas cifra, aos cales, por certo, se derivan as pacientes da sanidade pública por falta de persoal.

- O suposto perigo de perda de destreza dos profesionais sanitarios para atender partos xustificándoo na baixa natalidade da zona, co fin de agachar a falta de pediatras na sanidade pública galega. Esa suposta falta de destreza solucionaríase proporcionando formación aos profesionais ou creando equipas itinerantes sen eliminar o servizo. Ata o de agora os pediatras nin sequera poderían ter perdido destreza porque a súa praza non era en Verín, eran itinerantes.

- A pretendida escasa distancia e tempo de traslado dende o Distrito Sanitario de Verín ao Hospital Universitario de Ourense, que dende a EOXI calculan en 43 minutos. Este dato é totalmente falso, pois ese tempo só se cumpre nun concello dos 11 que conforman o Distrito Sanitario de Verín (Verín, Monterrei, Cualedro, Castrelo do val, Oímbra, Laza, Riós, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso). Calquera pode comprobar que a gran maioría das poboacións destes concellos están a máis dunha hora de Ourense e incluso algunhas a máis de 1h:40m. E doado imaxinar o que pode pasar se xurde unha urxencia pediátrica dun neno de 0-14 anos en Pradoalbar, Mormentelos ou Chaguazoso, por poñer un exemplo, todos eles lugares a máis de 1h:40m de Ourense. E non estamos a falar só de potenciais pacientes que residan alí todo o ano, senón tamén dos posibles pacientes que pasen os seus períodos vacacionais nesas aldeas, que non son poucos, debido á grande emigración sufrida por todas as poboacións do rural ourensán.

Por todo isto e

- Porque non queremos que se perdan postos de traballo da sanidade pública no Hospital Comarcal de Verín nin queremos que o seu persoal se vexa obrigado ao traslado forzoso do seu posto de traballo a Ourense.

- Porque non deron ningún motivo nin existe ningunha escusa técnica, médica ou política que xustifique o peche das urxencias pediátricas, deixando a moitas crianzas en perigo.

- Porque os propios protocolos de transporte sanitario do SERGAS recomendan evitar que a muller grávida paira no transporte e a propia Xerencia da EOXI de Ourense recoñece que os profesionais do Hospital de Verín van ter que seguir atendendo os partos urxentes que non poidan chegar a Ourense, mais sen contar con pediatra nin servizo de paridoiro.

- Porque non queremos que se poña en perigo a saúde e a vida das mulleres e das crianzas do rural nin que teñan menos dereitos que nas zonas urbanas.

Dende as xuntas de persoal de servizos centrais e dos servizos periféricos en Ourense e Pontevedra da Xunta de Galiza reclamamos o mantemento dos postos de traballo do Paridoiro e das Urxencias pediátricas, por unha sanidade pública e de calidade en clave de xénero que non desatenda as necesidades sanitarias do rural galego

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.