Información
Localidades de Galicia

Sr Feijóo a escola de Verducido solicita que lle devolvan o profesorado ahora que hay para todos como promete vostede...?

Información
29 Enero 2020 805 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A comunidade escolar do E.E.I. de Verducido pide recuperar a segunda mestra de infantil ao manter a súa matrícula no mesmo nivel que os últimos 17 anos. Ademais piden recuperar a súa denominación como Centro de Educación Infantil e Primaria, como así o foi ata o ano 2004.

 

 

A escola de Verducido leva mantendo a matrícula dende hai 20 anos en torno a 30 alumnas e alumnos, habendo mínimos puntuais de 23 ata máximos de 37. En todo este período o profesorado foi sempre de 2 mestras de infantil e 1 mestra para os dous cursos de primaria. Este profesorado, xunto co profesorado de apoio, compartido con outros centros, e sempre coa axuda dos pais, nais, avoas, avós, veciñas... formou a comunidade educativa que permitiu desenvolver un proxecto educativo que lle deu sona en todo a contorna e do que se senten orgullosas. Son mostra da actividade deste centro actividades coma ir a cantar os reis polas casas, facer plantacións coa comunidade de montes, atender a diversidade, educar en valores, aprender a resolver conflitos, visitar os muíños e gravar un videoclip, ter unha horta...

En xuño de 2004 a comunidade educativa de Verducido estrañouse do cambio de denominación de Centro de Educación Infantil e Primaria (tipo E) a Escola de Ensinanza Infantil (tipo R) con suplemento de primaria. No fondo no cambiaba nada, pois continuaban existindo os 5 niveis académicos e mesmo profesorado. Tempo despois descubriuse a verdadeira intención desta denominación: cambiar o nome para, despois, ir eliminando recursos co último obxectivo de facer desaparecer unha escola rural máis.

Nos últimos anos, xa durante a “recuperación económica” na escola sufriron recortes de recursos aos que a comunidade educativa opúxose. No pasado curso a indignación subiu cando se comunicou a supresión dunhas das aulas de infantil, unha das dúas prazas fixas de mestra. Suprimiuse a 3ª profesora cando non variou nin a normativa nin a situación do centro. Alegouse baixada de natalidade, pero os datos din que a matrícula (29 alumnos) segue na media dos últimos 17 anos (30 alumnos) polo que nos fai pensar que é unha medida totalmente arbitraria e con intención de castigar a escola pública e rural. Dende a comunidade escolar de Verducido lembran que o Consello Escolar do Estado indica que non se debe suprimir ningunha aula de escolas rurais que teña un mínimo de 8 alumnos. A súa vez indican que a ratio media das escolas públicas galegas é de 9.8 alumnos por cada docente (dato do curso 2015-2016), ratio que se superaría na escola de Verducido no caso de ter 3 mestras.

En todo caso é excesivo tomar unha medida estructural (a praza suprimida era fixa) fronte unha baixada puntual, se non é outra a intención que a de precarizar a actividade do centro co obxectivo final de pechalo. Máis cando nestas escolas as 2 mestras, ademais da súa labor docente deben encargarse doutras tarefas organizativas e administrativas: dirección do centro, xefatura de estudos, atención a diversidade, conserxería, administración, consello escolar...

Esta supresión foi contestada con manifestacións e escritos a xefatura territorial de educación que se negou a reunirse coa ANPA e deu escusas infundadas a través dos medios de comunicación.

Neste curso podese comprobar o resultado dos recortes que non son outros que a dificultade para levar adiante o proxecto educativo, referente no concello, e a actividade diaria por ter só dúas mestras. O apoio das profesoras de inglés, audición e linguaxe e PT, axudan pero non suplen a falta da terceira profesora.

É por todo isto que veñen de solicitar formalmente a Consellería de Educación a recatalogación como CEIP, incompleto, pero CEIP. Esta medida vai encamiñada en recoñecer polo menos dúas prazas de profesorado fixas, recuperando a segunda unidade de infantil e que permita dar continuidade ao seu proxecto educativo.

Na escola de Verducido están orgullosos de todos estes anos que levan resistindo e loitando pola supervivencia desta escola tan especial para eles, unha escola que vai máis alá das paredes do centro e se mestura coa vida do rural. Unha escola que permite que a educación destas etapas iniciais se traballen valores e coñecementos do medio rural e da natureza a través dun asentado proxecto educativo. Unha escola que está atraendo familias de fora da parroquia, descargando, ademais, as saturadas aulas do centro urbano e dinamizando o rural.

No seu afán de continuar mellorando os servizos estase traballando para conseguir un autobús que achegue ao alumnado que ven dende a cidade.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.