El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Localidades de Galicia

Letras Galegas 2020: 'Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso'

Información
18 Mayo 2020 791 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Ricardo Carvalho Calero. Foto: Moncho Rama
Ricardo Carvalho Calero. Foto: Moncho Rama
A USC edita esta ano a obra 'Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso', coordinada por Francisco Cidrás e que inclúe as colaboracións de 14 especialistas universitarios que trazan a dimensión vital e intelectual dunha figura poliédrica e fundamental da cultura galega do século XX

Representantes de diversas institucións, entre elas da USC, xuntáronse este 17 de maio para render homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, cunha ofrenda floral ante o que fora o seu fogar en Compostela, na rúa Carreira do Conde, e coa que deixar constancia da conmemoración do Día das Letras Galegas 2020. Carvalho Calero foi o primeiro profesor e, despois, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galegas da USC.

En palabras do reitor Antonio López, a xornada do Día das Letras Galegas “non pode ser apenas un día de celebración de todo o que se ten avanzado en materia de normalización lingüística” . Na súa opinión, esta data “ten que ser tamén, asemade, unha xornada de concienciación e reivindicación do moito traballo que aínda queda por diante para conseguirmos aquilo ao que estatutariamente estamos obrigados: garantirmos o uso normal e pleno da nosa lingua en todos os ámbitos da vida universitaria”. Nesta tarefa “temos que seguir comprometidos toda a comunidade que formamos a USC, unidos e unidas hoxe na distancia das nosas casas, mañá na proximidade das nosas aulas, gabinetes e laboratorios. Porque o Día das Letras Galegas é hoxe; pero o día da lingua galega ten que selo todos os días do ano”.

No transcurso do acto celebrado este domingo en Compostela, o presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes subliñou o marcado sentido dunha xornada “chea de afecto, admiración e agradecemento. Moitos de nós fomos alumnos seus, lembramos o seu maxisterio, o seu traballo, a súa lealdade á causa de Galicia, o seu compromiso e a súa esixencia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos certamente extraordinaria, monumental, moito máis se consideramos as circunstancias nas que a foi construíndo”.

A RAG instaurou o Día das Letras Galegas o 17 de maio de 1963 cadrando co centenario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Aquela primeira celebración tivo lugar en Santiago de Compostela, no Colexio de Fonseca da USC, e contou coa participación do propio Carvalho Calero, cun discurso dedicado á poeta que tanto estudou como crítico literario.

Na mesma sesión, a académica e catedrática da USC Margarita Ledo deulle voz a un poema no que Carvalho Calero recorreu ao cometa Halley para trazar un retrato da súa xeración, o dedicado ao seu “irmán” Álvaro Cunqueiro en 1980, o mesmo ano en que o catedrático lle deu a benvida ao escritor de Mondoñedo na USC como doutor honoris causa. “O primeiro aeroplano ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches, / namentres nós nacíamos. / E o cometa Halley brillaba no ceu, / e Tolstoy se apagaba cando nós nacémos (...). A princípios de século nacémos, / a fins de século morrémos. / Ti e máis eu fomos, verdadeiramente, / fillos do noso século”.

Volume conmemorativo

Un ano máis, a USC súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2020 coa monografía Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso, un volume  editado polo Servizo de Publicacións da USC e coordinado polo director do Departamento de Filoloxía Galega da institución académica  compostelá, Francisco Cidrás, que inclúe colaboracións de 14 especialistas universitarios que, a través das súas respectivas achegas, trazan a dimensión vital e intelectual dunha figura poliédrica, fundamental na cultura galega do século XX, como o foi Carvalho Calero.

A nova publicación dá continuidade ao compromiso adquirido e aínda nunca interrompido pola USC desde 1970, data na que o gran escritor e polígrafo homenaxeado este ano inaugurou a serie de monografías coas que desde hai xa medio século a USC consagra ás figuras literarias recoñecidas no Día das Letras Galegas. A achega de  Carvalho Calero naquela ocasión consistiu na redacción dun, daquela modesto, folleto adicado á figura do novelista e lexicógrafo Marcial Valladares titulado O señor de Vilancosta.

Estruturada en tres seccións: Aspectos dunha vidaLiteratura e estudos literarios e Lingua: teoría e praxe, nas que se distribúen as diversas achegas compiladas, a monografía Ricardo Carvalho Calero. As formas do compromiso afondan no legado vital deste persoeiro e na súa inxente obra, un legado que traspasou todos os ámbitos da cultura, da literatura, da lingua e de todos os campos (activista político, poeta, narrrador, dramaturgo, gramático, docente vocacional, historiador da lingua e da literatura… ) que puido considerar forxadores dunha identidade nacional.

O acto de presentación deste novo volume co que a USC se suma á celebración do Día das Letras Galegas 2020 está condicionado pola actual conxuntura de alarma sanitaria por mor da COVID-19, unha situación que tamén impide a celebración institucional desta efeméride por parte da USC.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago