Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas constitúe a súa nova Xunta de Goberno para o periodo 2020-2024

Información
25 Mayo 2020 1777 votos

Este sabado 23 de maio tomou posesión a nova Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), encabezada por Francisco X. González Sarria. Por primeira vez, en correspondencia coa realidade da profesión, a meirande parte dos membros da Xunta de Goberno son mulleres, representando máis do 60% deste órgano.

Debido á actual crise sanitaria da Covid-19, a toma de posesión realizouse de maneira telemática e non puido ter lugar o tradicional acto de investidura. En calquera caso, en canto as circunstancias o permitan, o Colexio de Xornalistas vai celebrar un acto público no que se presente o novo órgano de goberno ao conxunto da profesión.

 

Entre os asuntos tratados pola nova Xunta de Goberno na súa primeira reunión destaca a formalización de comisións de traballo que permitan axilizar e mellorar a actividade do Colexio de Xornalistas. Estas comisións, que están en poceso de formalización, abordarían cuestións como Universidade, Formación, Igualdade, Deontoloxía Profesional ou Gabinetes de Comunicación. Ademais, acordouse enviar unha carta aos distintos candidatos que concorrerán ás eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo para expresarlles as necesidades da profesión xornalística en Galicia. Por último, a nova Xunta de Goberno expresou a súa preocupación pola situación dos medios públicos galegos, logo de que o Comité Intercentros denunciara a presunta utilización partidista dos servizos informativos.

Francisco X. González Sarria fixo referencia ás actuais circunstancias no seu discurso de toma de posesión como decano: "Nunca imaxinamos que chegariamos a este 2020 inmersos nunha crise desta magnitude" na que os medios solicitan ERTEs que en ocasións priman "as súas contas de resultados por riba do labor esencial do xornalismo" e "no que asomaron novamente o morbo e o sensacionalismo nalgunhas publicacións". Ante iso, asegurou, "volve facerse patente a necesidade dun Colexio que represente a profesión en Galicia e reivindique os valores que nos caracterizan como traballadores esenciais para unha sociedade libre", polo que fixo un chamamento "á responsabilidade que asumimos ao considerármonos xornalistas e a exercermos como tales".

A nova Xunta de Goberno

A nova Xunta de Goberno é o resultado do proceso electoral convocado o pasado 20 de marzo. Ao terse presentado unha única convocatoria en tempo e forma o día 15 de abril ás 19:00 horas, e non recibir ningunha reclamación, esta candidatura foi proclamada como definitiva o 21 do mesmo mes. Encabezada por Paco Sarria, a nova Xunta conta coa novidade de ter tres vicedecanías, de acordo co permitido pola reforma dos estatutos do Colexio de Xornalistas. Sonia Vizoso Pérez será a vicedecana 1ª, Belén Regueira Leal a vicedecana 2º e Xosé Manuel Pereiro Sánchez, vicedecano xa na anterior Xunta de Goberno, ocupa neste caso a terceira vicedecanía. Darío Janeiro Pereira repite cargo como secretario e Ángela Fernández Casal será a tesoureira.

As vogalías ocupadas por María Bragado Paz, Valeria Pereiras Reza, Marcos Sanluis López, Xaime Leiro Darriba, Xaime Conde Guillade, Eliana Martíns Alvela, Ana González Liste, Mónica Rosas Conde, Belén López Rodriguez e Matilde Vázquez Rojo completan a nova Xunta de Goberno que rexirá o Colexio de Xornalistas até o 2024.

Paco González Sarria

Paco González Sarria naceu en Puente de Domingo Flórez (León) en 1962. Comezou a súa longa carreira xornalística na desaparecida Ondas Galicia en Ourense. Posteriormente, foi xefe de informativos en COPE-Ourense e delegado da TVG nesa provincia.  Exerceu tamén labores de redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, Agencia EFE, El País e colaborou con medios como Público. En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado a Onda Cero. Actualmente é coordinador de redacción e contidos en Onda Cero-Ourense. É vogal da Xunta de Goberno do CPXG dende a súa fundación e xa foi decano entre 2016 e 2020.

Mandato 2016-2020

A Xunta de Goberno saínte tivo unha importante actividade durante o mandato 2016-2020, con iniciativas entre as que se poden destacar a posta en marcha dos obradoiros de Xornalismo na Escola "la Caixa" e da bolsa Nacho Mirás, a constitución da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, a celebración da xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión, o documento InformaDor realizado en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,  a actualización dos Estatutos do CPXG á lexislación vixente ou as diferentes campañas do 8 de marzo e o 25 de novembro. Ademais diso, o Colexio de Xornalistas continuou co seu labor en defensa dos xornalistas e do dereito da sociedade galega á liberdade de prensa, a través dos seus comunicados, denuncias, pronunciamentos e recursos de amparo.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que ten a representación legal de todos os xornalistas galegos. Actualmente conta con máis de 1.100 colexiados/as repartidos polas súas sete demarcacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago