Comunicado da Plataforma SOS Sanidade Publica Residencias Maiores e COVID19 :

Información
Localidades de Galicia | 03 Junio 2020 | 1650 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Realizouse por vía telemática o 28 de maio, dada a imposibilidade de realizar xuntanzas con participantes de diferentes provincias, como consecuencia da pandemia da COVID-19:

Participantes:

Manuel Martín ( Voceiro), Plataforma SOS de Santiago, Plataforma A Coruña, Plataforma Pontevedra, Plataforma de a Mariña, Plataforma Barbanza, Asociación de Comerciantes do Entorno do Hospital Xeral de Vigo, Rosa Lanuxe Costal, Médicos do Mundo, CCOO, CIG, BNG, EnMarea, Galicia en Común e ANOVA.

 

Acordos:

1.- Denunciar a importante repercusión que tivo para a saúde a situación das Residencias de Maiores, de xestión e propiedade privada (moitas delas de fondos de investimento e multinacionais) que acumularon cerca do 50 % da mortalidade (6 dun total de 21 Residencias acumularon o 85% destas mortes). Existe unha clara relación entre o modelo de xestión das mesmas e a mortalidade.

2.- Acordouse esixir e apoiar unha investigación, para aclarar a situación, coñecer xs responsables e propoñer medidas de reforma do modelo de Residencias. A privatización das mesmas asóciase a mortalidade e perda de dereitos fundamentais.

3.- Denunciar a política de recortes e privatizacións da atención sanitaria e socio-sanitaria da Xunta de Galicia. Só as especiais condicións sociais, xeográficas e medio-ambientais de Galicia impediron que a epidemia fose aínda máis tráxica para a saúde.

4.- Esixir á Xunta de Galicia que as persoas que residen nas Residencias, teñan os mesmos dereitos á atención sanitaria pública, tanto de Atención Primaria como hospitalaria, que o resto da poboación sen discriminacións. O sistema sanitario publico ten que entrar nas Residencias.

5.- Abrir un proceso participativo (consensuado) e transparente, para potenciar e mellorar o actual Sistema Sanitario Público Galego, recuperando os recursos recortados, potenciando a Atención Primaria como eixo do sistema (imprescindible para a promoción e prevención da saúde), os servizos de Saúde Pública e de loita contra as epidemias e incrementado as camas hospitalarias e o persoal, tando dos hospitais públicos como na Atención Primaria. Sen isto será imposible garantir a saúde e loitar contra novas epidemias.

6.- Unha vez concluído este período especial, a Plataforma reunirase, para promover a mobilización social e profesional en respaldo a estas medidas.

social youtube xornalgalicia   feed-image