Información
Localidades de Galicia

Pontón: “Feixóo non pode usar o estado de alarma para darse autobombo, Galiza non está para irresponsabilidades"

Información
11 Junio 2020 1529 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 Ana Pontón, advirte ao presidente da Xunta que Galiza non está para improvisacións tras tres meses de confinamento pola crise da COVID19, e que a desescalada non é unha “carreira” para ver quen se apunta o tanto de chegar antes anunciando o fin do estado de alarma senón unha cuestión “moi seria” que require decisións desde o rigor.

 

“Unha pandemia que tivo e sigue a ter un custe enorme en termos sanitarios, económicos e sociais require respostas co máximo de rigor e responsabilidade por parte do Goberno da Xunta, non é unha carreira para chegar máis rápido para quedar o primeiro da clase, senón que se trata de chegar nas mellores condicións para o conxunto da poboación”, explicou a candidata á Presidencia, quen considera “incomprensible a total improvisación de Feixóo que anuncia o fin do estado de alarma sen ter os deberes feitos, sen ter un protocolo de actuación claro para que a cidadanía saiba como actuar, que facer a partir de agora”.

“Que sentido ten anunciar o fin do estado de alarma sen que iso se acompañe dun protocolo, de normas claras? Esta caendo na mesma improvisación que reprochou ao Goberno do Estado estes tres meses: que vai pasar coas escolas infantís, que vai pasar cos aforos en locais públicos e privados, que vai pasar coa xestión dos centros de día, coas actividades lúdicas e de ocio propias do tempo estival que moven a miles de persoas.”, interpelou desde Lugo durante a presentación da candidatura por esta provincia que encabeza Olalla Rodil.

“Son cuestións que o candidato do PP tiña que ter aclarado antes de poñerse a facer anuncios de autobombo para quedar como o listo da clase, cando realmente se está comportando como o irresponsable da clase, e non está Galiza nin os galegos e as galegas para irresponsabilidades nin para improvisacións nunha cuestión tan seria como a desescalada”, recalcou.

Pontón fixo un chamamento a todas as persoas que queren un cambio real para que o fagan posible mediante unha gran mobilización nas urnas o 12X arredor do BNG: “é urxente conseguir un cambio galego que permita facer avanzar e darlle un futuro á maioría social que quere vivir e traballar na súa terra, e se todas as persoas fartas de ver como co PP Galiza vai a menos nos mobilizamos, o cambio galego será imparable”.

A candidata á Presidencia cualificou de “excepcional” a próxima cita coas urnas e reiterou o chamamento á mobilización: “imos amargarlle a noite electoral a Feixóo e abrir un tempo novo en Galiza, fagámolo posible”.

Na presentación da lista por Lugo, Pontón salientou o “compromiso” das persoas que a integran na defensa de Galiza e de Lugo: “aquí e agora esa defensa ten un nome propio: ALCOA-San Cibrao”, reiterando o seu compromiso de que un Goberno liderado polo BNG “non vai deixar caer ALCOA”. “Se PP e PSOE non teñen alternativa nin vontade política para salvar a factoría, o BNG si, e esa alternativa pasa pola nacionalización e por unha tarifa eléctrica galega”, recalcou.

Nacionalización a través dunha intervención pública, “legal, posible e imprescindible”, como se está a facer por parte de Alemaña e reiterou o seu convencemento de que se a factoría en vez de estar na Mariña de Lugo estiveran en Madrid “a solución xa estaría sobre a mesa”. “Non podemos permitir un novo agravio, só fai falta vontade política e amor por este país para salvar ALCOA e o BNG ten as dúas”, subliñou.

Ao lado da nacionalización, un prezo xusto da enerxía cunha tarifa eléctrica galega que acabe co espolio enerxético, para que a electricidade deixe de ser “un festín para que uns poucos se fagan de ouro” e pase a servir para darlle futuro a Galiza e manter miles de empregos. “Ás portas dunha crise sen precedentes, con miles de traballadores e traballadoras en ERTE ou na cola do paro, permitir que se perdan empregos polos custes enerxéticos cando somos ricos en electricidade é, simplemente, inmoral”, denunciou.

Pontón destacou o papel de Olalla Rodil, “a voz de Lugo no Parlamento ao longo destes catro anos, unha voz reivindicativa que fixo que todas as cuestións que preocupan a esta cidade e a esta provincia se escoitasen ben alto e ben claro”, a que se van sumar tras o 12X as de outros integrantes da lista como Daniel Castro, Carme Aira, Mario Outeiro nunha candidatura que combina renovación e experiencia, na que as mulleres teñen un papel protagonista e tamén a xente moza

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago