Información
Localidades de Galicia

Feijoo 2020: por unha Administración galega máis cativa e privatizada

Información
11 Julio 2020 1060 votos

Os anos de goberno de Feijoo tiveron un carácter autoritario, privatizador (ben directamente, ben a través de asistencias técnicas), corrompeu a negociación das condicións de traballo do seu persoal convertíndoas nun simple trámite, xudicializou as relacións laborais, mantivo unha insostible temporalidade, non convocou procesos selectivos suficientes, non deu sacado concursos de traslados cunha temporalidade aceptable..

 

Aínda así preséntase á reelección cun programa electoral que vende o que non foi quen de facer en doce anos. Así que acudimos a el para facer unha análise do que fixeron e do que nos queren vender.

Reducción da temporalidade. Pide a eliminación da taxa de reposición de efectivos que impide ou limita as ofertas de emprego, pero só en sectores de politicas sociais. Claro, como que o PP non a aplicou nunca.

Convocatorias de concurso de traslados. Como poden atreverse  a vendernos o concurso de traslados permanente cando no mellor do caso pasan moitos anos entre concursos, noutros pasan décadas, e outros nin sequera pensan convocalos?

Carreira profesional. Venden unha carreira porfesional pactada coas organizacions sindicais. Non é certo: non contaron coa maioria sindical suficiente. Tiraron para adiante implantando un sistema extraordinario da carreira que deixa fora ao persoal interino e temporal, obriga a funcionarizarse ao laboral fixo, aplica diferentes velocidades segundo o grupo e con excesivos deseguilibrios entre uns e outros.. No seu programa din que na próxima lexislatura só ten previsto a  convocatoria de acceso a novos grados para "progesar" na carreira para o persoal sanitario. E nós?

Conciliación. Propoñen a aplicación de novos supostos para o acceso a flexibilidade horaria; pero non é nada novo, só traspoñen o que xa estaba previsto na Lei de impulso demografico.

Teletraballo. Fala da extensión do teletraballo a máis postos. E que ata o 80% destes poidan facer ata o 50% do seu traballo de xeito non presencial. Coa súa proposta reduce as actuais 3 xornadas máximas semanais, a 2,5 xornadas no futuro. Retrocedemos.

Funcionarización. Un clásico no seu programa electoral. Non establece garantías dos dereitos laborais. En todo caso forza ao persoal con: o condicionamento da carreira profesional, a inexistencia de procesos selectivos e concursos de traslados como persoal laboral.. 

Acoso laboral. Anuncian un novo Protocolo cando xa temos un dende o ano 2016. Por que non o aplican entón? 

Propoñen estender ferramentas para axilizar e liberar carga de tarballo como na Axencia Tributaria de Galicia, o que ven a ser igual a externalizar expedientes en empresas privadas, e menos persoal empregado público.

Plan de capacitacion dixital, que a pesar de estar xa na Lei dende hai mais dun ano, a Xunta non quixo nin falar. E mentres estendeu beneficios fiscais para incentivar o teletraballo en empresas privadas, foi o seu persoal quen tivo que financiar á Xunta mercando as súas ferramentas.

Saúde Laboral. Temos mais claro o importante que é a seguridade e a saude laboral dende a aparicion do coronavirus; e disto ... case non di nada. Como novidade ven un plan sobre o Radon nos edificios administrativos.... despois de anos e anos pedindo desde a CIG que fixeran medicións de Radon e nin caso Será que agora a Xunta está obrigada por lei?

Do Plan de Igualdade que xa levan anos de retraso ou da recuperación do FAS (fondo de acción social): NADA.

Os programas electorais moitas das veces son puro fume ainda que polo menos sérvenos de guía de intencións... Pero as do PP a pouco que se ollen defraudanos. Nin sequera son quen de ser mais ambiciosos na venda do seu produto. Comprobado: no PP son uns artistas do corta e pega cada catro anos.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago