A substitución de profesorado por mamparas que se traduce en manter a ratio de alumnos na aula, a supresión do metro e medio de seguridade entre alumnos e a formación de equipos Covid con docentes que carecen de preparación sanitaria suficiente, algunhas das reivindicacións do centro.
O 16 de setembro ás 12:00h celebrarase unha concentración pacífica da comunidade educativa do IES-SALVADOR DE MADARIAGA no exterior do centro promovida polo seu profesorado como sinal de protesta pola situación actual no retorno á actividade lectiva en Galiza.
O acto consistirá no seguinte:
-
Xuntanza ordenada e responsable dos participantes.
-
Lectura dun manifesto coas seguintes pautas fundamentais:
-
Queremos ensinar, non contaxiar. É indespensábel a formación do profesorado e familias en protocolos de prevención e actuación fronte a situacións de potencial risco pola Covid-19. Non é razoábel deixar a responsabilidade dos plans de actuación, prevención e contención nas mans de profesores sen preparación sanitaria previa.
-
A volta ás aulas ten que ser en condicións de seguridade e de calidade educativa. Debemos dispor de EPIS e reforzar os equipos de limpeza.
-
Non ás mamparas. Non garanten seguridade sanitaria e, unidas ó uso da máscara e o mantemento do ratio na aula, dificultan a xa complexa interacción necesaria para desenvolver un proceso ensino-aprendizaxe de calidade na aula. Solución excepcional, non prioritaria.
-
Oportunidade histórica para unha redución da ratio máis necesaria ca nunca. É a única maneira de garantir o tan necesario distanciamento e ao mesmo tempo facer fronte ás dificultades de traballar con máscara e así poder atender á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe de cada un dos alumnos, sen deixar a ninguén atrás. Para isto, necesitamos máis docentes.
-
Necesidade urxente de formación na educación a distancia do profesorado para garantir a calidade de educación non presencial, sexa puntual, circunstancial, parcial ou total.
-
Necesidade urxente de dispor de medios dixitais para a igualdade de condicións e oportunidades do alumnado.
-
Cacerolada de protesta.