Información
Localidades de Galicia

A Academia Galega de Teatro solicita que se modifiquen os criterios para adxudicar as axudas á produción de espectáculos escénicos

Información
16 Noviembre 2020 1127 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Varias compañías con máis de tres décadas de traxectoria profesional quedaron fóra da selección deste ano debido aos cambios introducidos no proceso de selección de proxectos.

Esixe que se recoñeza a formación, traxectoria profesional e premios das equipas artísticas á hora de valorar as montaxes.

 

A Coruña, 16 de novembro de 2020. A Academia Galega de Teatro quere manifestar o seu rexeitamento ante os cambios nas bases das Axudas á Creación Escénica 2020 e esíxelle á Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) que sente a negociar con toda a profesión teatral para cambiar as devanditas bases de cara a convocatoria do ano 2021. A Academia gardou silencio durante estes meses para non interferir nun proceso que se desenvolveu nunhas condicións anómalas derivadas da situación provocada pola pandemia da Covid-19, mais entende que este é o momento para esixir un xiro na política de axudas que se estableza para o vindeiro ano.

Ata a convocatoria de 2020, o proceso de escolla dos espectáculos que serán subvencionados contaba, fundamentalmente, con dúas fases diferenciadas: 1. A valoración de criterios automáticos, realizada por unha comisión de funcionarios/as da Agadic que contabilizan os puntos atendendo a unha serie de criterios analizados de forma obxectiva; 2. A valoración dos criterios artísticos da memoria do proxecto, que unha comisión conformada por persoas relacionadas co sector das artes escénicas, escollidas pola Agadic, realiza de forma subxectiva.

Nos últimos anos, incluído o 2019, as Axudas á Creación Escénica reservaban un apartado da valoración obxectiva ao equipo artístico, no que se tiñan en conta as titulacións oficiais relacionadas coas artes dramáticas e musicais, os premios recibidos e a traxectoria profesional. Sorprendentemente, nas bases da convocatoria para 2020, este apartado desapareceu por completo, de xeito que na valoración dos proxectos non se teñen en conta a formación, traxectoria ou premios acadados por parte do equipo artístico, agás o/a director/a.

A Academia de Teatro considera que esta exclusión supón ignorar o peso e a contribución artística ás montaxes teatrais de actores e actrices, de profesionais da escenografía, da iluminación, do vestiario e doutras tantas disciplinas que coadxuvan á calidade artística dun espectáculo. Por parte, menospreza a formación e traxectoria de cada un destes axentes creativos e desdeña os premios acadados polos profesionais do sector.

Ademais, o novo sistema tampouco ten en conta a propia traxectoria das compañías, valorando exclusivamente a actividade dos últimos dous anos e desprezando o papel que puideran ter xogado na creación do tecido teatral galego tal e como o coñecemos na actualidade.

Como resultado destes cambios, o proceso deixa nas mans dunha comisión –escollida pola propia Agadic– a valoración subxectiva do equipo artístico, sen que se coñezan os baremos que a devandita comisión aplicará para esta valoración e sen que as súas resolucións poidan ser discutidas sobre bases obxectivas.

Na resolución da convocatoria do ano 2020, estas mudanzas no proceso de escolla de proxectos tivo como consecuencia que varias compañías cunha traxectoria profesional de máis de tres décadas –así como outros proxectos cunha equipa profesional merecente dos maiores recoñecementos– quedasen fóra das axudas dunha axencia que, segundo os seus estatutos, debe “asumir, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, acrecentando os esforzos e recursos destinados a mellorar e afondar nestas medidas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola consellería competente en materia de cultura”.

A Academia reitera que este proceder non está de acordo cos obxectivos para os que a Agadic foi creada. Por iso solicítalle á Axencia Galega de Industrias Culturais que consensúe con todas as asociacións profesionais os cambios necesarios para que a situación creada en 2020 non se repita na convocatoria de 2021, e que estableza canles de comunicación con elas para salvagardar os intereses das artes escénicas galegas, dos e das profesionais do sector e do público, que, en última instancia, é o principal beneficiario de todas as melloras que se implementen no sistema escénico galego.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago