Desde o BNG da Laracha queremos denunciar a situación na que está unha estrada, na parroquia de Soandres

Información
Localidades de Galicia | 04 Enero 2021 | 2028 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
En concreto no cruce onde se colle para Tapia, Maunlle e Compañeiro, onde se fixo unha tala de madeira que deixaron invadindo a estrada e sen sinalización ningunha, ademais de deixar restos de polas e todo o cascallo, co perigo que iso supón para a circulación. Desde o Grupo Municipal do BNG instamos o goberno municipal a actuar en consecuencia e velar polo cumprimento da normativa vixente, obrigando os responsábeis a repoñer o estado da vía e aplicando as sancións que, no seu caso, poidan corresponder. Lembramos que esta estrada foi arranxada e limpada hai aproximadamente dous anos con diñeiro público.
 
Xoán M. Sande Muñiz,
Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha