Ligando quere manifestar a súa oposición a unha nova concesión da área deportiva de A Malata

Información
Localidades de Galicia 30 Abril 2021 1983 votos - Registrate para votar

Perante a noticia na prensa de que o concello de Ferrol prepara unha nova concesión e reforma total da área deportiva de A Malata, a organización política Ligando quere manifestar a súa oposición a unha nova concesión, e menos por case corenta anos, pois consideramos que é máis económica e social a xestión pública. Os servizos municipais de deporte non poden servir de competencia desleal cos ximnasios privados da cidade senón que deben xestionar directamente unha oferta distinta de servizos orientados a prevención e tratamento de doenzas e a un ocio socioeducativo.

 

En Ligando defendemos unha política municipal de deporte onde se priorice a saúde e o deporte de base fronte á mercantilización, o elitismo ou as modas. A xestión concesionada do servizo deportivo adoita, como é este caso, potenciar os intereses privados e marxinar aquelas actividades que non interesan comercialmente.

Defendemos unha remodelación das instalacións mais tamén un programa serio de actividades deportivas que estean máis enfocadas á medicina preventiva e o lecer saudabel que ás vértolas das grandes corporacións, ou como di con descaro o concelleiro de deporte, a expensas de atraer a empresas de primer nivel.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600