Denuncian a mala xestión dos residuos das limpezas de praias en Miño

Información
Localidades de Galicia | 10 Mayo 2021 | 1717 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
⛱ Las 6 mejores playas de Miño 2021 — idealista/newsA organización ecxoloxista galega lembra que hai escasas semanas a prensa facíase eco de que os residuos retirados na limpeza de areais estaban sendo amontonados e abandoados nunha parcela de monte municipal afastada da estrada principal. Sinalan que esta parcela pretendía ser unha entorna recuperada ambientalmente e desde o 2015 en colaboración de WWF esta inmersa nun proceso de deseucaliptazación e plantación de árbores autóctonas. Grazas a denuncia nos medios de comunicación polo vertedoiro no que se convertera esta parcela municipal, o Concello de Miño procedeu a facer unha limpeza da parcela de xeito apresurado e moi deficientede.

Ecoloxistas en Acción denuncia que o tratamento dado ao lixo procedente das limpezas de praias é moi deficiente e non cumpre coa lexislación referida á eliminación e procesado de residuos. O Concello só retirou o lixo máis voluminoso e para disimular o resto estendeu ao ancho da parcela iinfinidade de pequenos lixos como redes, calzado, plásticos, botellas, …. misturados coa area retirada das praias no proceso de limpeza.

Ecoloxistas en Acción reclama á coorporación de Miño que remedien esta situación e que no futuro teñan un pouco de sensibilidade ambiental para que non se volva a repetir.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600