Denuncian que a Lei de terras de Feijóo está feita a medida do sector forestal e unha nova burla para o rural

Información
Localidades de Galicia | 19 Mayo 2021 | 2449 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia | el Diario de las Cloacas Institucionales y Políticas de  Galicia con la información que otros no ven

 

Unha lei que, -cómpre subliñar- , o presidente Feijóo levou ao Pazo do Hórreo novamente da man da maioría do grupo do PPdG e non como Goberno autonómico, para esquivar así o procedemento que esixe os informes xurídicos do Parlamento.

Podemos Galicia considera que a futura Lei de Recuperación de terras do PP está feita á medida do sector forestal en prexuízo do campo e do rural que deberan potenciar....+

 ‘É unha lei puramente forestalista, feita a medida dun sector que xa leva sacado moita tallada do noso patrimonio colectivo destruíndo a nosa riqueza ambiental na eucaliptización do país e unha nova burla para o rural galego’, manifestou Reino, deputado na Comisión de Agricultura e Secretario Xeral de Podemos Galicia.En Galicia non é cuestión de masteres, Ánxeles Vázquez Conselleira de Medio  Rural non soo minte na sua biografía, se non que usa a Xunta para dar  subvencións a dedo a fillos

Un atallo lexislativo que xa tomara con anterioridade na fracasada Lei de Saúde que tumbou parcialmente o Tribunal Constitucional. Tras analizar polo miúdo o borrador, desde Podemos Galicia sinalar que o despropósito deste texto lexislativo queda patente no número de emendas incorporadas: un total de 250 das que máis dun cento son do propio PP, que a promove.

Un dos aspectos, sen dúbida máis preocupantes para nós, coñecedores dos gravísimos problemas que ocasionou no país a eucaliptización masiva dos nosos montes, é precisamente que a futura Lei presenta unha presunta moratoria ao eucalipto ata o 2025 incerta e pouco clara que non concreta o número de hectáreas a recuperar. Outro aspecto ben rechamante da futura Lei é o prazo de dez anos que establece o texto lexislativo para que a propia Administración galega asimile os terreos que se determinen ‘ sen titular coñecido’.

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. -  FRAUDE DE LA PUBLICIDAD INSTITUCIONAL DE LA

Doutra banda, tampouco se clarifica como se van desenvolver os chamados parques ou polígonos agroforestais polos que quere apostar o PP de Núñez Feijóo nin a súa repercusión na recuperación do rural para fixar poboación nos pequenos concellos do interior.

Por último, desde Podemos Galicia sinalar que a falta de vontade política do PP no rural quedou xa ben patente nos 12 anos de inacción dos sucesivos gobernos de Feijóo na Xunta, como conselleiro delegado encuberto de Ence e do sector madereiro, e no feito de que a lei proposta non ten asociada aínda un orzamento para o seu desenvolvemento a pesar de que o texto se tramita desde xaneiro.La publicidad de María del Mar Sánchez Sierra con fondos públicos provoca  el desplome de más de un 13,5% del empleo en el sector turístico en Galicia  - Xornal Galicia | Xornal Galicia

Desde Podemos Galicia reiterar que consideramos esta nova Lei do PP, no rodete da súa maoría parlamentar, unha nova burla para o rural ao favorecer implicitamente os usos forestais dos nosos montes en detrimento dos agrarios que xeran riqueza, emprego, fixan poboación, favorecen o coidado das terras contra a lacra dos lumes e crean comunidade e conciencia ambiental.

Xornal Galicia | el Diario de las Cloacas Institucionales y Políticas de  Galicia con la información que otros no ven