As XSG tildan a Feijóo de “depredador do público” nun reparto en Vigo en defensa da universidade olívica.

Información
Localidades de Galicia | 05 Julio 2021 | 786 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Feijóo cierra el romance con Escotet regalándole millones de euros públicos  para ingresar en cajeros de Abanca y sociedades Off Shores ¡ Toma Moreno  !... - Xornal Galicia | Xornal GaliciaAs Xuventudes Socialistas presentaron hoxe a súa campaña “A pública es ti” en Peritos, diante da biblioteca de Torrecedeira-Uvigo, denunciando o nocivo proxecto de Abanca para a UVigo que tanto interese lle xera á Xunta de Galicia.As Xuventudes Socialistas presentaron hoxe a súa campaña “A pública es ti” en Peritos, diante da biblioteca de Torrecedeira-Uvigo, denunciando o nocivo proxecto de Abanca para a UVigo que tanto interese lle xera á Xunta de Galicia.

Bárbara Domínguez sinalou que “a privatización estase a converter no sinal de identidade dun Sr. Feijóo que en vez preservar a universidade pública, enrócase en promover proxectos privados que tan só responden aos intereses duns poucos”.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021 As Xuventudes Socialistas presentaron hoxe a súa campaña “A pública es ti” en Peritos, diante da biblioteca de Torrecedeira-Uvigo, denunciando o nocivo proxecto de Abanca para a UVigo que tanto interese lle xera á Xunta de Galicia.
A representante das XSG, Bárbara Domínguez, presentou a campaña acompañada do representante de XSG-Vigo, Enrique García, e a deputada nacional Leticia Gallego quen denunciou que “ Feijóo non cre no público, nin na sanidade, nin na educación pública”.
Bárbara Domínguez sinalou que “a privatización estase a converter no sinal de identidade dun Sr. Feijóo que en vez preservar a universidade pública, enrócase en promover proxectos privados que tan só responden aos intereses duns poucos”.

A socialista advertiu que “ a UVigo xa cubre exitósamente a demanda dos estudos que promociona Abanca, polo que esta universidade privada é innecesaria xa que incumpre a lei do Sistema Universitario Galego”. 
A líder socialista advertiu que “ o Sr. Puy afirmara nunha rolda de prensa que Abanca pagaría mellores salarios ao persoal docente, o que amosa, en primeiro lugar, que a Xunta recoñece a súa culpabilidade da pésima situación do sistema público; e en segundo lugar, que van promover un “dumping” do talento en favor da privada”.
O representante local, Enrique García, defendeu que “ a cidadanía viguesa síntese orgullosa da súa universidade recoñecida internacionalmente ao atoparse no posto 736 de 20000 centros de ensino superior avaliados polos rankings universitarios”. Ademais lembrou que “ a Escola de Enxeñería Técnica e Industrial e a de Estudos Empresariais son centenarias e o xerme da UVigo”.
O mozo vigués  pediulle ao pobo vigués que “ faga memoria sobre a Caixa de Aforros de Vigo que foi promotora da UVigo e que agora usará os seus espazos para competir contra ela”.
Pola súa banda, a deputada autonómica, Leticia Gallego, pediulle a Feijóo que “deixe de privatizar a universidade pública cunha iniciativa que abre a porta a un escenario perigoso para o Sistema Universitario Galego”.