Bernardo Varela ve unha total falta de responsabilidade e capacidade institucional na alcaldía do concello de Castrelo de Miño á luz das imaxes festivas en dependencias municipais polo que o alcalde debe asumir a única saída digna e presentar a súa dimisión.
Ourense 11 de agosto de 2021. A foto difundida a través das redes socias na que se aprecia a un dos fillos dos tránsfugas da corporación, Jaime Fontanes Villamarín, no despacho da Tenencia de Alcaldía, pon de manifesto “a falta de seriedade e rigor na xestión da administración local que padece a veciñanza de Castrelo de Miño, desde que accedeu ao cargo Avelino Pazos, polo que a única saída digna que lle queda é a dimisión, declarou o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela.
A imaxe en cuestión mostra ao menor que está fumando, cos pes na mesa, empregando equipos informáticos de traballo do persoal autorizado do concello para fins lúdicos, e con diversa documentación exposta enriba da mesa.
Esta imaxe evidencia a presencia indebida de polo menos dúas persoas nas dependencias do concello e nas oficinas do goberno municipal, con acceso a documentación municipal, equipos informáticos restrinxidos a persoal autorizado, e realizando actividades non permitidas. Cando máis cando ningún dos tránsfugas forma xa parte do equipo de goberno municipal tras a sentencia xudicial que os inhabilitou para exercer responsabilidades de goberno.