Imprimir

Deenuncian que Feijóo "pasa olimpicamente de exirlle medidas as electricas que se estan forrando as costas dos recursos dos galegos

Información
Localidades de Galicia | 15 Septiembre 2021 | 1046 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

cid ii ktlkw4nv1Pablo Arangüena pregunta “se a coñecida amizade de Feijoo co presidente de Iberdrola está impedindo que o goberno galego adopte as medidas ás que lle obriga a lexislación vixente”

 

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021. O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou hoxe no Pleno da Cámara autonómica que a Xunta leva 95 días sen cumprir as medidas preventivas establecidas no regulamento de pesca fluvial de Galicia e que obrigan ao goberno galego a dicirlle ás empresas hidroeléctricas que medidas teñen que tomar para impedir danos no medio natural polo baleirado dos encoros.

No debate do Pleno do Parlamento, Arangüena instou á Xunta de Galicia a actuar dunha vez porque existen ata tres leis (a de pesca continental, a de patrimonio natural e a de protección ambiental) que determinan que o goberno galego debe “actuar de oficio se hai indicios de dano ambiental”.

Malia todo, o vicevoceiro socialista lamentou que o único que fixo a Xunta ata o de agora “foi culpar ao goberno central” ou “tardar 70 días en iniciar catro expedientes sancionadores polo ridículo importe de 25.000 euros a cada encoro”. E iso a pesar de que Feijoo chegou a dicir en rolda de prensa que se trataba de feitos “de enorme trascendencia ecolóxica que Galicia non se merece” e que “non vira unha cousa así nos 12 anos que levo de presidente”. Ao fío destas declaracións, Pablo Arangüena indicou que “se o señor Feijóo non actúa, prevarica” posto que, reiterou, “a lei obrígalle a tomar medidas”.

Neste contexto, Pablo Arangüena preguntou “se a coñecida amizade de Feijoo co presidente de Iberdrola está impedindo que o goberno galego adopte as medidas ás que lle obriga a lexislación vixente”. “Está o señor Feijóo prevaricando porque é amigo do señor Galán?” inquiriu antes de denunciar que, en calquera caso, a Xunta “está estafando á cidadanía”.

FEIJOO MENTÍU Á CIDADANÍA

Por outra banda, Pablo Arangüena tamén incidiu en que o presidente da Xunta “mentiu á cidadanía ao asegurar que non fora informado polas compañías do baleirado dos encoros”. Así, lembrou que, xusto un día despois de que Feijoo dixese que a Xunta non fóra informada, un medio de comunicación publicou dous correos de Iberdrola –datados os días 10 de xuño e 12 de xullo- que evidenciaban que o goberno galego si coñecía esa decisión.

Polo tanto, remarcou, “a Xunta tiña toda a información”. En primeiro lugar, porque Iberdrola remitiu comunicación; en segundo lugar, porque a Confederación Hidrográfica lle comunicou o baleirado ao 112, “que depende do señor Rueda”; en terceiro lugar, porque a Confederación Hidrográfica comunica cada semana o nivel dos seus embalses a Augas de Galicia; e en cuarto lugar, porque “teñen vostedes centos de axentes medioambientais entre cuxas competencias está a vixilancia dos cursos fluviais incluíndo os encoros”.

Sobre este asunto, ironizou co feito de que “parece ser que o primeiro axente que pisou un embalse fíxoo o 20 de agosto, que é a data que reflicten os expedientes sancionadores: 70 días despois da primeira comunicación de Iberdrola e da Confederación Hidrográfica”.

Neste escenario, Pablo Arangüena indicou que no tema dos encoros a análise das declaracións realizadas por Feijoo e pola conselleira de Medio Ambiente e a de Infraestruturas “demostra un nivel de falsidade, irresponsabilidade e escapismo impropio dun goberno democrático que opera nun estado de dereito”. O deputado socialista reiterou ademais que esta actitude “roza a prevaricación se non incorre directamente nela”.

Por último, tamén lamentou que a Xunta rebaixase este ano as sancións as eléctricas por baleirado de embalses dun máximo de 300.000 euros a un máximo de 25.000, “unha rebaixa do 92 por cento ao seu amigo, o presidente de Iberdrola”, sinalou.

Categoría: Localidades de Galicia
Visto: 1046