O Grupo Popular amosa o seu pesar e consternación polo pasamento de Valeriano Martínez

Información
Localidades de Galicia | 06 Octubre 2021 | 796 Votos | Correo electrónico | Imprimir

fallecimiento ValerianoMartínez

Santiago, 6 de outubro de 2021.-  O Grupo Popular amosa o seu pesar e consternación polo pasamento hoxe do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García, que tamén foi deputado deste grupo parlamentario na X e XI lexislatura, dando mostra do seu traballo exemplar para a mellora económica e social de Galicia.
Trasladamos as nosas condolencias e todo o noso apoio á súa muller e fillo, así como ao resto dos seus familiares, amigos e persoas do seu entorno máis próximo. 
Así mesmo, desde o Grupo Popular agradecemos as condolencias que se están a recibir, tanto de distintas formacións políticas como de persoas a nivel particular que coñeceron a Valeriano Martínez ao longo da súa carreira profesional e política.

social youtube xornalgalicia   feed-image