Imprimir

Peligrosa deriva do ensino público galego debido á xestión da Consellería de Educación do Goberno de Feijóo

Información
Localidades de Galicia | 07 Octubre 2021 | 947 Votos

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - Para  o Goberno de Feijóo (PPdeG) naSTEG-ENSINO-Carta aberta do STEG ás organizacións sindicais do ensino público galego

Compañeiras e compañeiros de loita:

Dende o STEG observamos con preocupación, probabelmente coma todas e todos vós, a deriva do ensino público galego debido á xestión da Consellería de Educación do Goberno de Feijóo. De todas é coñecido que vimos de atravesar unha grave pandemia que deteriorou a nosa vida en sociedade e, tamén, a calidade do ensino público. Non é a primeira vez, como ben sabedes, que nos diriximos por escrito a cada unha de vós, poñéndonos á vosa disposición, no camiño de acadar unha verdadeira unión sindical que, malia as diferenzas lóxicas de criterio –e mesmo ideolóxicas-, acade un mínimo común: a loita pola calidade do ensino público, o benestar do alumnado e da comunidade educativa e a defensa das condicións de traballo das súas traballadoras e traballadores.

 

Non foi un camiño doado pero, se lembrades, en decembro de 2019, as organizacións sindicais fomos quen de unírmonos e saír á rúa da man a loitar. Houbo erros? Si. Puidemos facelo mellor? Tamén. Serviu para algo? Malia todo, estamos persuadidas de que si. Ningún camiño se abre para quen non é quen de comezar a percorrelo. Todos os procesos de loita –individual, colectiva, política ou sindical- conlevan unha dose grande de frustración; agora ben, tamén un elemento importante de esperanza: a de mudar o estado de cousas. 

O que aconteceu durante a pandemia –antes e despois do confinamento-, xa o sabemos: desoíronse as voces dos diferentes axentes da comunidade educativa, non se tomaron as medidas que se debían tomar, deteriorouse o noso sistema educativo e, finalmente, pagárono coma sempre aquelas e aqueles que menos teñen e máis o precisan. Aínda descoñecemos os efectos que estas decisións tiveron no que será o futuro de miles de persoas.

Mais iso non impediu que no verán de 2020 volvésemos ir da man á rúa e tentar mobilizármonos canda vós contra este desleixo. Ás mobilizacións dos meses de verán, seguiunas unha convocatoria de folga, boicoteada pola Consellería no comezo de curso. Non estivemos todas, novamente cometemos erros, novamente puido ser mellor e máis secundada, pero esta iniciativa non caeu en saco roto. A conselleira de educación daquel momento, xunto cos principais responsábeis do seu gabinete, foron barridos de inmediato dos seus cargos. É difícil establecer unha causa-efecto, aínda que tamén sabemos que as cousas en política non acontecen por casualidade.

Durante o curso pasado continuamos apelando a incidir nesa unión sindical que xulgamos efectiva, alén de intereses sindicais de parte que poden contentar a parroquia de cadaquén para consumo propio, pero que resultan en todo punto insuficientes para enfrontar a magnitude das agresións que está a recibir o ensino público. Sabedes que demos a batalla, entre outras cousas, pola defensa do profesorado técnico de formación profesional e que buscamos tamén aí esa unión, pedíndovola expresamente. Manifestámonos contra o peche das escolas no rural e pedimos dende o primeiro momento que o profesorado tivese tamén prioridade no proceso de vacinación. Acompañamos outros colectivos afíns á defensa da lingua, en favor de inicativas que garantan a súa pervivencia... Con frecuencia os nosos esforzos non abondan, só algunha vez teñen o efecto desexado.

Sexa como for, un ano despois daqueles feitos, malia termos unha situación sanitaria manifestamente mellor, o panorama deixa moito que desexar: os sucesivos recortes de profesorado, a redución da oferta educativa para o alumnado de secundaria, maiormente na contorna rural, a privatización de servizos complementarios nos centros educativos –especialmente a cuestión do transporte no rural-, a grave situación da lingua propia do país ao abeiro do último estudo publicado pola RAG ou a proliferación de contratos por horas –ao xeito do que xa acontece na sanidade pública galega, por exemplo-, conlevarán irremediabelmente unha precarización obxectiva das condicións de traballo e un deterioro da calidade do ensino público, malia a propaganda desta Consellería.

Observamos con preocupación que, de novo, aquela mínima unión sindical que fomos quen de acadar nalgúns momentos, pasa a un segundo plano consonte avanza o tempo e malia a grave situación. Descoñecemos se, o feito de que en 2022 haxa eleccións sindicais, ten algo que ver neste abandono. En todo caso, xulgámolo un erro. Porén, cremos que aínda estamos a tempo de ter amplitude de miras, xenerosidade e perspectiva para volver encontrármonos. Sabemos a quen nos diriximos e coñecemos dende onde falamos: non somos alleas ás nosas


COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
7 DE OUTUBRO DE 2021

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Localidades de Galicia
Visto: 947