Nada agardamos da Xunta que leva décadas tratando de maquillar a realidade con políticas sociais miserentas.

Información
Localidades de Galicia | 09 Octubre 2021 | 799 votos | Correo electrónico | Imprimir
XornaldeGalicia on Twitter: "Feijóo y Mar Sánchez cena íntima lujuriosa en  Madrid tras cerrar restaurantes de Galicia ; #TEM_RistoMejide #RistoMejide  #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia  #galiciafeijoo #feijoogalicia ...
A pandemia orixinada pola COVID-19 deteriorou, aínda máis, as condicións de vida de moitas persoas que xa andabamos nas periferias. En xuño de 2020, con gran rebumbio, o goberno de España aprobou o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Unha medida anunciada con gran balbordo, mais camiño do ano e medio de andaiana a pobreza segue marcando con crueza a vida cotiá de cada día máis xente. Contías miserentas, demoras, resolucións incomprensibles, denegacións, restriticións... fixeron que esta nova faragulla engadira novos sufrimentos para aquelas que trataban de apañar uns poucos euros con esta prestación.
Na Galiza a RISGA é incompatible coa percepción do IMV. Moitas "risgueiras" que solicitaron o IMV e que o cobraron retroactivamente tras meses de agarda alucinaron ao recibiren notificacións nas que a Xunta reclamáballe a devolución de miles de euros cobrados -indebidamente- pola RISGA. Segundo apunta o xornal Praza agora a Xunta de Galicia "vén de lanzar a reforma, pero nun proceso moi inicial: unha consulta pública aberta dende este 30 de setembro e ata o 14 de outubro no que bosquexa cales son as intencións da modificación. En esencia, adaptar a Risga ao IMV sen explicitar se contempla ou non facer compatibles ambas prestacións".
 
VIDEO, LA CERCANÍA DE MAR SÁNCHEZ SIERRA A FEIJÓO SE DEJA NOTAR EN LA CENA INTIMA EN EL RESTAURANTE MÁS LUJOSO DE MADRID...ver más..+

Nada agardamos da Xunta que leva décadas tratando de maquillar a realidade con políticas sociais miserentas. Por iso alentamos a todas aquelas que recibiron notificacións nas que a consellería reclama cobros indebidos que presenten o seguinte recurso. Na ODS-Coia levamos anos reclamando a posta en marcha de medidas transformadoras como a Renda Básica das iguais. Entendemos que xa é intre de superar faragullas e garantir o dereito a unha vida digna para todas.
social youtube xornalgalicia   feed-image