Bande tamén di non aos eólicos ás portas do Xurés que pretende facilitar Feijóo

Información
Localidades de Galicia | 23 Octubre 2021 | 625 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A MarchanopuntoprazadeBandeVeciñanza de Bande, do Val do Limia e de Celanova, asociacións ecoloxistas como ADEGA e Amigos das Árbores de Ourense, representantes políticos e de colectivos sociais dixeron NON á invasión eólica nunha camiñada polos lugares emblemáticos do Monte Grande, en Bande, este sábado. Foi a resposta organizada pola plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA diante dos plans da empresa Greenalia de instalar no lugar unha central eólica de 12 aeroxeradores e que afecta os concellos de Bande, Rairiz de Veiga e Verea.

 

Incendios - Xornal Galicia | Xornal GaliciaUnhas corenta persoas concentráronse na praza de Bande a primeira hora da mañá no punto de partida da I MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE, que ademais de mobilizar veciñanza de Bande e da Baixa Limia, contou coa participación de grupos ecoloxistas -ADEGA e Amigos das Árbores, entre os case trinta colectivos e entidades de todo o país que apoiaron á convocatoria-. Tamén asistiu o deputado provincial do BNG, Bernardo Varela, entre outros representantes nacionalistas. A Marcha culminou un mes de outubro no que STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA centrou a súa actividade na denuncia dos danos ambientais, patrimoniais e económicos que pode ocasionar o proxecto de central eólica que Greenalia está empezando a negociar coas cinco comunidades de montes afectadas e co propio concello de Bande.

Durante a camiñada, duns once quilómetros, e que transcorreu desde Bande, pasando por Martiñán, até o corazón do comunal do Monte Grande, onde se erguen as plantacións de piñeiros que constitúen o principal aproveitamento do monte desde hai décadas, o arqueólogo Davide Pérez, un dos portavoces da plataforma, explicou as principais afeccións que tería o proxecto. Así, na visita á Lagoa Grande, nun conxunto de brañas que garanten o caudal de auga que baixa cara as aldeas, Pérez lembrou como os comuneiros rexeitaron a instalación alí dun punto de captación de auga para o servizo anti-incendios, ofrecendo a Medio Rural unha alternativa que estará operativa o próximo ano. Agora, a uns centros de metros da lagoa, Greenalia proxecta colocar un dos aeroxeradores. O movemento de terras para as pistas do polígono e a instalación do propio aeroxerador ameaza directamente este ecosistema.La invasión eólica: 6823 molinos en breve. - Xornal Galicia | Xornal Galicia

Máis arriba, nunha cota superior aos mil metros, o guía sinalou a situación de varios aeroxeradores máis no centro dunha plantación dunhas cincuenta hectáreas de piñeiro, listos para unha próxima corta, onde as máquinas serían visíbeis desde a Limia, ademais desde o Leboreiro, ao oeste, e desde o Xurés, ao sur. O proxecto de Greenalia está dentro dunha das áreas sinaladas como de “aproveitamento eólico” no Plan Sectorial da Xunta (de 1997) que bordea ás Reservas da Biosfera do Xurés-Gerês e a reserva de Allariz. Nesa mesma área, apenas un quilómetro o oeste, xa funciona un polígono de dezanove aeroxeradores entre Bande e Verea, que tería continuidade co proxecto de Bay Wa para o Monte da Neve, en Celanova, con sete máquinas máis, e de máis do dobre de alto (180 metros). Pérez advertiu sobre que esa área de aproveitamento aínda tería capacidade para ampliar a instalación de aeroxeradores.

A plataforma, que vén denunciando o impacto que o proxecto provocaría en lugares como a Fonte do Vieiro, ou no conxunto megalítico e no Foxo do Lobo do Monte Grande, xa pediu por rexistro unha entrevista coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas (PP) e fará a mesma solicitude nos concellos de Verea e Celanova.O TSXG anula o acordo para modificar o parque eólico Serra do Oribio - Xornal  Galicia | Xornal Galicia

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA subliña que non hai razón ningunha, máis alá do lucro dunha corporación enerxética privada, para este tipo de instalación no Monte Grande, e menos sen consulta previa á veciñanza (obriga que parece que ten intención de introducir o Goberno na próxima lexislación estatal) e cunha morea de impactos na saúde (pola proximidade ás vivendas), na paisaxe, no patrimonio e na fauna (está documentada a presenza do lobo e da aguia real, entre outras especies en protección) e na flora (con bosques de especies autóctonas de rexeneración natural que mesmo mereceron o apoio institucional para a súa conservación). A plataforma continuará a demandar do Concello de Bande e da Xunta de Galiza información precisa a respecto da fase na que se atopa a tramitación do proxecto, as características concretas e as afeccións previstas que contempla a empresa promotora, información toda ela que aínda non se fixo pública.