Ecoloxistas en Acción Ourense denunciou ao concello de Ourense, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao SEPRONA, polas actuacións ecolóxicas que levaron á destrución da biodiversidade do río Barbaña

Información
Localidades de Galicia | 07 Diciembre 2021 | 554 votos | Correo electrónico | Imprimir

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..Ecoloxistas en Acción Ourense denuncia a desfeita ambiental realizada arxes do río Barbaña ao seu paso pola cidade

 

  • Acusan á Concellaría de Medio Ambiente de Ourense e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil de non prestar á debida consideración ás normas de protección das canles fluvias e da fauna e flora do río Barbaña.
  • O río Barbaña está sometido, desde hai moitos anos, a continuos impactos ambientais, vertidos e mal saneamento das depuradoras do polígono de San Cibrao.
  • Solicitan a derogación da Ordenanza Municipal de Limpeza de terreos e solares de Ourense do ano 2016 por non axustarse a medidas de conservación da biodiversidade.

delgado gonzalez miguel angel - Xornal Galicia

https://xornalgalicia.com › attachments › article

PDF

13 ago 2021 — contaminación radioactiva de las pruebas de laboratorio de COSAGA o los virus directos del Covid. Sinceramente se atrevería el instructor de ...

 

Ourense, 7 de decembro do 2021

 

Ecoloxistas en Acción Ourense denunciou ao concello de Ourense, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao SEPRONA, polas actuacións ecolóxicas que levaron á destrución da biodiversidade do río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense. Trátase dunha deforestación indiscriminada da vexetación ripícola dun tramo fluvial na que se tallaron varias especies e trituraron miles de arboriñas e prantas ornamentais (cipreses, enebros, salgueiras, cotoneaster, pyracanthas, nandinas, berberis, bolas de neve, spiraeas) sen observar as limitacións impostas xuridicamente. Durante a talla realizada deixaron abundantes restos de árbores e restos vexetais no propio leito do río. Ademais, realizouse unha curta a nivel de chan, destruíndo a vexetación a ambas marxes cos prexuízos que supón para a fauna ligada ao ecosistema fluvial.

 

A asociación Ecoloxistas en Acción, xunto a outros colectivos da cidade, fixeron unha denuncia pública onte día 6 na ponte de Ervedelo ao seu paso polo río Barbaña. Día que, precisamente, se conmemora a Constitución, a lei de leis, que establece no seu artigo 45 o deber e os dereitos dos poderes públicos e da cidadanía de velar por un medio ambiente axeitado. As premisas constitucionais, respecto ao medio ambiente, son reiteradamente incumpridas pola administración local coas podas inxustificadas ás árbores, co abandono dos espazos verdes, coa falta de limpeza de residuos do río e pola mal chamada “limpeza de maleza” do Barbaña. 


“Existe un descoñecemento sobre a necesidade de preservar a flora das canles dos ríos urbanos”, din desde a asociación e declaran que “solicitamos a derogación da O.M de Limpeza de terreos e solares por considerala obsoleta e que non ten en conta o que son as condicións óptimas para o río, flora e fauna. Estamos elaborando un proxecto de renaturalización do río Barbaña pero é preciso que a CHMS dea por finalizado correctamente o saneamento da EDAR de San Cibrao xa que se as augas do río están sometidas a vertidos contaminantes, non será posible executar o proxecto de renaturalización que financia a Fundación Biodiversidade”, insisten dende a asociación.

social youtube xornalgalicia   feed-image