O Círculo de Podemos en Sada solicita medidas para a mellora das condicións laborais das traballadoras do SAF.

Información
Localidades de Galicia | 20 Enero 2022 | 710 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Miguel Huguet, voceiro do Círculo de Podemos Sada: “É necesaria a firma dun novo convenio que recoñeza unhas condicións dignas para traballadoras que desempeñan unha labor fundamental na nosa vila”.

 

En Sada a 19 xaneiro de 2022. O Círculo de Podemos en Sada vén de rexistrar unha moción para mellorar as condicións laborais das traballadoras do SAF (Servizo de Atención no Fogar). Na mesma se interpela á Xunta de Galicia para que propicie a renovación do convenio autonómico que leva vencido dende decembro de 2011.

En palabras de Miguel Huguet, voceiro do Círculo de Podemos Sada “é necesaria a firma dun novo convenio que recoñeza unhas condicións dignas para traballadoras que desempeñan unha labor fundamental na nosa vila” e continúa poñendo o acento na “tónica de parcialidade, temporalidade e baixos salarios ás que as empresas do sector someten a estas traballadoras”.

Ademais da sinatura do convenio, na moción ínstase a varios ministerios a actuar en distintos eidos que afectan á saúde e condicións de traballo do persoal do SAF. O recoñecemento das enfermidades profesionais ou a aplicación de coeficientes redutores para a xubilación anticipada, son algunhas das medidas que se solicitan. “Non pode ser que as administracións non recoñezan o deterioro da saúde que sofren estas traballadoras e que non se actúe para dotalas de dereitos que impidan que teñan que traballar nestas condicións ata os 67 anos”, critica Miguel Huguet, voceiro do Círculo de Podemos Sada .

O Círculo de Podemos sostén que a negociación do convenio sería “un primeiro paso”, pero que é fundamental que todas as medidas conflúan na recuperación da xestión pública do servizo. Nese senso, pídenlle ao Goberno Local que se responsabilice da actual situación do servizo coa “fiscalización do cumprimento das condicións do convenio actual por parte da empresa concesionaria e a realización dun estudo sobre o custe da municipalización do servizo de cara ao vencemento do contrato en vigor, aínda que este fora tratado non hai moitas datas”

social youtube xornalgalicia   feed-image