Información
Localidades de Galicia

REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DO HOSPITAL DE VERÍN VEÑEN A DENUNCIAR O ABANDONO DO MESMO POR PARTE DO PPdeG NA ADMINISTRACIÓN

Información
12 Marzo 2018 801 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A comisión delegada do Hospital de Verín mantivo unha reunión co Xerente Executivo de

este hospital o día 23/02/2018 para solicitar información en relación a puntos pendentes

dende fai anos, como a creación de HADO, a NON eliminación de Paliativos, a dotación de

Pediatría hospitalaria, a situación actual do Servizo de Traumatoloxía e a necesidade de

dotación de recursos humanos e materiais.

 

O Xerente infórmanos de que se vai a crear o Servizo de HADO "inminentemente de forma

provisional e revisable", esta comisión delegada ten información polos medios de

comunicación que empezou o día 01/03/2018, queremos desmentir que dita información

sexa certa dado que crear un servizo é dotalo de medios materiais e profesionais propios, a

realidade é que está a desmantelar o Servizo de Medicina Interna xa que fai uso de

profesionais necesarios e escasos neste servizo para dar cobertura a demanda de consultas

externas, urxencias e hospitalización, o mesmo está a facer con enfermería quitando un

profesional de Consultas Externas para atender HADO, co cal deixan dous servizos mal

atendidos.

Con respecto as outras demandas como dotación de pediatría hospitalaria responde que non

hai profesionais, nos seguimos a manter que e necesario dita cobertura para unha atención

de calidade.

Con respecto a falta de profesionais en traumatoloxía o xerente dinos que traumatoloxía esta

a funcionar normalmente, cando de todos é sabido que de catro profesionais nestes meses

pasamos a dous e en breve a un, debido os traslados, esta falta de profesionais ven dada pola

precariedade na contratación e unhas condicións laborais abusivas. Na actualidade

desprazase un traumatólogo do Hospital de Ourense para dar cobertura un so día a semana

para realizar intervencións cirúrxicas cando fai uns meses realizábanse catro días a semana.

Se isto é o que entende por funcionamento normal o xerente, esta comisión non queremos

saber o que entende por deficitaria.

Con respecto a traslado da base do 061 Da Travesía de Sousas ó Hospital de Verín

demandado polos profesionais por consideralo imprescindible para unha cobertura de

calidade nas urxencias, (a ambulancia do 061 vai os chamamentos sen persoal sanitario

debido a distancia da base ó Hospital) o persoal sanitario acude en outros medios. A

resposta por parte da xerencia é que isto depende dos pregos e do 061, esta comisión

delegada quere pensar que os pregos fainos a administración cas demandas necesarias e

acéptaos a empresa adxudicataria, non o contrario.

Na dotación de persoal se nos di que non hai recursos económicos para contratacións ou ben

que non ven necesidade de cobertura.

En canto a dotación de material , seguemos a ter material cada vez mais deteriorado e sen

renovación do mesmo, por exemplo a falta de colchóns antiescaras, grúas, cuñeiros, etc.

Esta comisión delegada mantivo unha asemblea-concentración na porta do Hospital o día

28/02/2018 para explicarlle os profesionais dita situación, chegando ó acordo de apoiar as

mobilizacións da plataforma en defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei

como medida mais próxima, e non se descarta outro tipo de actuacións se a situación

persiste.

23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)