Información
Localidades de Galicia

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán achega fondos á sala dedicada á autora na antiga Fábrica de Tabacos

Información
25 Mayo 2018 918 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • O edificio, protagonista da novela La Tribuna e hoxe sede da Audiencia Provincial da Coruña, estrea este sábado paneis informativos sobre a escritora e as cigarreiras e amosa unha escolma de textos autógrafos da autora, edicións en varios idiomas, imaxes da época e utensilios da antiga fábrica

A Coruña, 25 de maio de 2018.- A Sala Emilia Pardo Bazán da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña amosará a partir deste sábado novos fondos relacionados coa escritora, co complexo fabril que converteu no escenario central da súa novela La Tribuna e coas cigarreiras, as mulleres nas que se inspirou para escribir a que foi a primeira novela española que lle deu protagonismo á clase obreira. A estrea terá lugar co gallo da clausura do Festival Resis cun concerto de piano no patio que dá acceso a este espazo que leva o nome da escritora coruñesa na actual sede da Audiencia Provincial da Coruña. Nel poderán verse paneis informativos sobre a autora e as traballadoras da fábrica e unha escolma de documentos e obxectos relacionados con elas, entre os que destacan textos autógrafos de dona Emilia ou utensilios de traballo das cigarreiras.

A instalación destes elementos corre a cargo da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co apoio de Marineda City, o complexo comercial que leva o nome literario que a escritora creou en La Tribuna para denominar A Coruña. O que poderá verse desde este sábado é unha primeira achega ao que pretende ser un proxecto expositivo dedicado non só á autora e a esta novela, senón tamén á historia da Fábrica de Tabacos, aos milleiros de mulleres que traballaron nestas dependencias e á cidade. “Queremos abrir este espazo á cidadanía, recuperar a memoria da fábrica e as súas traballadoras, e tamén a da Coruña da época”, salienta nesta liña Xulia Santiso, responsable da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, que ocupa o primeiro andar da casa familiar da creadora na rúa Tabernas, 11 da Coruña, legada polos herdeiros da escritora á Real Academia Galega.

O público poderá ver boa parte das edicións que existen de La Tribuna, desde a primeira, saída do prelo en 1883, ata outras do século XXI que viron a luz en distintos idiomas. Xunto a estes volumes, exhibiranse textos autógrafos de Emilia Pardo Bazán con documentación de apoio que empregou durante o proceso de creación desta novela ou o epílogo que non chegou a publicar; unha cortadora de farias e unha chaveta de cigarros da colección de Pepe Temprano; e fotografías como a reproducida n’A Fábrica de Tabacos na Palloza de Ana María Romero Masía, que inmortaliza un momento da xornada laboral das cigarreiras no interior da fábrica arredor dos anos 20, ou a dun grupo de empaquetadoras realizada en 1916 e facilitada por Luis Alonso Álvarez, autor de As tecedeiras do fume. Historia da Fábrica de Tabacos da Coruña, 1804-2000.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+