Información
Localidades de Galicia

Alberto Varela, volveu a recordar á Xunta de Galicia (PPdeG) seu esquecemento as xa vellas demandas de Vilagarcía en materia de transporte e comunicacións

Información
07 Junio 2018 877 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

.- En relación á inclusión de Vilagarcía e a súa comarca no Plan Metropolitano de Transporte- medida que suporía grandes beneficios para os veciños da zona en canto á mellora dos transportes e redución de presos dos billetes de transporte público para colectivos como a mocidade- Tourís simplemente remitiuse aos traballos de elaboración do Plan de Transporte que a Xunta vai a poñer en marcha coa previsión inicial de que entre en vigor en 2020.

O Concello de Vilagarcía volveu a insistir na necesidade de que a Xunta colabore economicamente para poder ampliar o número de servizos do hospital ao Salnés posto que a administración local leva un ano financiando os servizos de mañá e a idea era que a Xunta contribuíse para poder poñer servizos de tarde. Tamén en cuestión de transporte público, o rexedor demandou da consellería de Infraestruturas a revisión das actuais liñas de autobús urbano en Vilagarcía e a súa adaptación as novas condicións e necesidades da cidade. As liñas en vigor son as mesmas dende hai décadas e non teñen en conta as peonalizacións e necesidades de servizos dos usuarios.

A responsable de Tourís para ambos temas foi similar: esperar aos traballos de elaboración do Plan de Transporte rexeitando a posibilidade de adoptar antes diso algunha medida que puidera mellorar estes dous servizos.

Por último, Paola María comentou que o proxecto de construción de beirarrúas na estrada de Bamio leva moito tempo parado. Tense coñecemento de que Carreteras xa redactou o proxecto de obra pero non existe compromiso de realización. Neste punto, o delegado territorial dixo que se interesaría pola actuación.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+