Información
Localidades de Galicia

VECIÑOS DE MONTERREI CONSIDERA CONTRARIAS A DEREITO AS CONTÍAS PERCIBIDAS POLO ALCALDE POR ASISTIR ÁS REUNIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS DO CONCELLO

Información
12 Julio 2018 1395 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde José Luis Suárez cobra 200 euros por asistir a plenos, xuntas

de goberno e comisións informativas fronte aos 80 euros que perciben

os concelleiros

 

? Carmen Sola acusa ao alcalde de “xestionar o Concello cunha política de

barra libre para si mesmo” e de chegar a cobrar “nun só día” 800 euros

Monterrei (Ourense), 13 de xullo de 2018.- O Xulgado do Contencioso

Administrativo número 1 de Ourense vén de admitir a trámite un recurso interposto

polo grupo municipal Veciños de Monterrei contra o alcalde do municipio en relación

aos honorarios que percibe por asistencia ás reunións de órganos colexiados do

Concello: plenos, xuntas de goberno e comisións informativas.

No mes de xullo de 2015, celebrouse un Pleno no Concello onde se aproboaron, por

proposición do alcalde José Luis, as contías por concurrencia ás sesións de órganos

colexiados municipais. “O alcalde fixou para si mesmo unha asignación de 200

euros por cada reunión, fronte aos 80 que percibirían os concelleiros”, sinala

Carmen Sola, voceira de Veciños de Monterrei.

Discriminación

Porén, tal e como lembra Sola, existen sentencias do Tribunal Supremo que

declaran contrario a dereito “establecer diferentes contías” por asistencia a

xuntanzas colexiadas “posto que non se supón necesariamente maior traballo de

preparación [das mesmas] por quen exerce cargo de maior responsabilidade”.

Vista a doctrina xurídica que se ten ido fixando, Veciños de Monterrei solicitou a

nulidade do Pleno na que se aprobaron as remuneracións, pero o alcalde

rexeitouna. Por este motivo, decidiu xudicializar a cuestión xa que “non poden

asignarse diferentes importes para os membros do mesmo órgano colexiado por

asistencia a reunións”, enfatiza Sola, quen acusa ao alcalde de “xestionar o

Concello cunha política de barra libre para si mesmo” e querer “chupar do bote

2

municipal”. De feito, “ten chegado a fixar no mesmo día tres comisións e unha

xunta de goberno para embolsarse 800 euros; é dicir, ten percibido nun só día

unha cantidade que supera o salario mínimo interprofesional mensual”.

23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)