Información
Localidades de Galicia

A Fiscalía de Compostela observa indicios de delito e remite a Madrid a denuncia de Esquerda Unida á Fundación Francisco Franco por presunto delito de odio ao negar crimes de lesa humanidade

Información
19 Julio 2018 752 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Fiscalía de Santiago de Compostela observa indicios de delito e remite á súa homóloga en Madrid, por considerar que é competente, a denuncia interposta por Esquerda Unida á Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) en data 9 de outubro de 2017 por presunto delito de odio ao negar crimes de lesa humanidade. EU ampliou esta denuncia no mes de maio con novas de prensa e publicacións en redes sociais onde se aprecian actos de exaltación do franquismo, accións que poden ser constitutivas de ilícito penal.

 

 

“Onte mesmo tivemos coñecemento de que, despois de abrir dilixencias e ter investigado o caso, trasladouse o expediente a Madrid -xa que a persoa que fixo as declaracións que denunciamos, así como o medio de comunicación onde se fixeron teñen domicilio e sede en Madrid-, polo que compete agora á Fiscalía de Madrid facer o estudo e abrir dilixencias pertinentes sobre o caso”. “Entendemos que tanto a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía e a investigación da policía xudicial, así como como este traslado de expediente son xa novas positivas. Agora, dende Esquerda Unida agardamos que se faga xustiza, se abra unha investigación e se condene á FNFF por estes feitos”, sinalou Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.

 

Se ben a denuncia interposta en outubro á FNFF era pola negación de delitos de lesa humanidade cometidos polo réxime franquista e enaltecemento da figura do ditador, esta foi ampliada en maio e baseada en que a FNFF, de xeito público, seguía  a realizar accións de exaltación do franquismo, fomentando, elaborando e distribuíndo material da ditadura coa finalidade de facer apoloxía da mesma; accións que poden ser constitutivas de ilícito penal.

 

Respecto a estes feitos, Eva Solla sinala que “España é o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas, só superado por Camboya, e aínda 40 anos despois da transición seguimos sen termos xustiza, dignidade e reparación para as vítimas”. “Se ben a liberdade de expresión ten que estar garantida, esta non pode ir contra as vítimas, nin tampouco se pode facer apoloxía dun réxime que asasinou a milleiros de persoas”, remarcou. 

 

Dende Esquerda Unida consideramos que todas estas accións, reiteradas incluso a día de hoxe, non deben ser toleradas nun país democrático, polo que seguiremos a denunciar todo o que acontece coa FNFF e o seu empeño en negar delitos de lesa humanidade, así como seguir a enaltecer a figura do ditador, accións que non deberían ter cabida neste país.

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+