Información
Localidades de Galicia

O GRUPO SOCIALISTA CENSURA A “IRRESPONSABILIDADE” DA XUNTA POR MANTER “ATRANCADAS” AS NEGOCIACIÓNS COS AXENTES FORESTAIS NA CAMPAÑA DE INCENDIOS

Información
09 Agosto 2018 691 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada censurou hoxe a “grave irresponsabilidade” que está amosando a Xunta ao manter “completamente atrancadas” as negociacións cos axentes forestais e medioambientais en pleno período de alto risco de incendios.

 

Como explicou en rolda de prensa o deputado socialista, esta situación derívase da vaga de lumes do pasado mes de outubro, de xeito que lamentou que aínda non se teña “pechado o conflito” laboral.

Parece, como sinalou Villoslada, que o goberno galego prefire “buscar culpables” cando se producen os incendios, falando das responsabilidades dos concellos ou de “inexistentes tramas incendiarias”, antes que chegar a acordos cun corpo duns 500 traballadores que é “fundamental”.

De feito, recordou que o Grupo Socialista xa ten interpelado ao goberno galego para reclamarlle que “vele polas condicións de traballo, de formación e de melloras operativas” deste persoal.

Sen embargo, o parlamentario do PSdeG constatou que os “compromisos” plantexados naquela data “non se plasmaron na mesa de negociación” e non se ten posto en valor o traballo que fan os axentes responsables da loita contra os incendios forestais e da conservación do monte.

En paralelo, Díaz Villoslada lamentou que outras iniciativas socialistas encamiñadas a mellorar as condicións de traballo destes corpos foron “rexeitadas” polo PP, o que denota o seu “interese”.

FOLGA DOS AXENTES

Pola súa banda, o representante de UGT no comité de folga dos axentes medioambientais e forestais, Carlos Sanmiguel, explicou que os axentes forestais teñen recorrido os servizos mínimos do 100% impostos pola Xunta, mentres que os axentes medioambientais están creando unha caixa de resistencia de cara a decidir se levantan a suspensión do seu paro.

Queremos un mínimo de razonabilidade por parte da administración autonómica”, engadiu, de cara ás negociacións co goberno galego, ao que acusou de tentar “crear división” entre os axentes. Así é que reclamou a “mediación” de Feijóo para “solucionar o conflito de maneira eficaz e rápida”, non sen recordar que o persoal aínda non percibiu o pago das horas extra dos lumes de outubro de 2017.

Finalmente, o voceiro da CIG, Xosé Manuel Couselo, denunciou o “exceso horario imposto” pola Xunta e a “penosidade” do seu traballo, que inclúe, entre outras cuestións, “gardas de doce horas de presenza física durante a campaña de alto risco de incendios”.

Estas declaracións producíronse despois dunha xuntanza do comité de folga con Villoslada e co voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)