Información
Localidades de Galicia

SANIDADE INFORMA QUE XA SON OITO O NÚMERO DE PERSOAS INGRESADAS GRAVES LOGO DO ACCIDENTE DO MARISQUIÑO EN VIGO

Información
14 Agosto 2018 764 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Consellería de Sanidade informa que elévase a oito, tras un novo ingreso rexistrado no Chuvi durante a pasada madrugada, as persoas ingresadas nos centros hospitalarios, logo do accidente ocurrido nun dos concertos do festival do Marisquiño. Catro dos feridos están no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), tres no Hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

 

A día de hoxe, un total de 428 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais. Por centros, 189 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a  todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

 

 

PLADESEMAPESGA denuncia multitude de irregularidades Institucionais no incendio FANDICOSTA en Moaña e o abuso de Feijóo no regalar diñeiro público aos seus responsables. En marzo do presente ano, Portos do Estado e Sasemar, asinaron un acordo marco, para a prestación do servizo xeral de ordenación, coordinación e xestión de servizos ademais dos labores de coordinación e actuación en situacións de urxencia.... onde estaban e quen se responsabiliza do incumplimiento do acordo.?, ¡¡ Cantos buques de urxencia había na zona ....?, ao ocorrer o sinistro en zona marítima é obligatorio activar a Comisión de Sinistros Marítimos, polo que tamén son responsables a Consellería do Mar, Gardacostas, DGMM, SASEMAR, CIAIM e a Dirección Xeral de Transportes do Ministerio de Fomento aos que ninguén apunta por descoñecemento das leis e normativas. Concello de Vigo, Capitanía Marítima, Autoridade Portuaria e distintas Consellerías - responsables - da mala práxis na xestión do sinistro de Ou Marisquiño, as responsabilidades están perfectamente definidas e o que se esta publicando nos distintos medios de comunicación é a CONFUSIÖN E IMPUNIDADE dos responsables que non son outros que Abel Cabaleiro, López Veiga e Rosa Quintana.

 O abandono, a desídia política e os enfrontamentos entre López Veiga (exconselleiro de pesca do PPdeG e responsable do Prestige) e o Alcalde de Vigo Abel Cabaleiro ( exPresidente do Porto de Vigo) puxeron todos os ongredientes para o sinistro marítimo....Unha vez máis non hai detidos nin responsablees algo inasumible en calquera país da nosa contorna europea. Falta de seguridade, atraso no rescate, falta de efectivos na zona, son só algunhas das responsabildiades sen depurar, sendo clonado co sinistro de FANDICOSTA a falta de resposta inmediata que xunto aos recortes santiarios e a pechadura de camas, chega a sumarse ao DESASTRE TOTAL e a fiscalía de Pontevedra para salvagardar a confianza na xustiza debería pedir xa imputacións...?

A responsabilidade principal é exclusiva do Sr López Veiga (PPdeG) e Presidente do Porto de Vigo ver; https://www.google.es/search?q=normativa+de+seguridad+puertos+del+estado

 Así foi o accidente de Ou Marisquiño 2018 no que se derrubou o paseo do Porto de Vigo. A plataforma que se esborrallou durante o festival Ou Marisquiño construír nos anos 90 e, desde fai tempo, os usuarios do Porto de Vigo viñan denunciando o abandono desta zona. De momento, hai discrepancias sobre si é competencia do Concello ou da Autoridade Portuaria. Precedentes a decenas sen respostas nin responsables, traemos a modo de exemplo a este artigo o sinistro do ....Baltic Breeze e o pesquero Mar de Marin en xullo 2016 do que nada se aprendeu.

http://xornalgalicia.com/6821-pladesemapesga-esixe-a-dimision-fulminante-do-presidente-da-autoridade-portuaria-de-vigo-sr-enrique-lopez-veiga-ao-que-considera-o-maximo-responsable-do-sinistro-de-ou-marisquino.html