Información
Localidades de Galicia

O PEPP proposto pola CE é un paso nos intentos de substituír os sistemas públicos de reparto e solidariedade entre xeracións por fondos privados de capitalización.

Información
05 Septiembre 2018 1720 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

En xuño de 2017 a Comisión Europea (CE) remitiu ao Parlamento europeo (PE) unha Proposta de regulamento sobre un produto paneuropeo de pensións individuais (PEPP).

 

Transcorrido o prazo de estudo e presentación de emendas, o luns, día 3, a Comisión de Economía do PE votou o regulamento deixando fora a enmenda presentada pola eurodiputada Lidia Senra e que a nosa colectividadem apoiaba e que era apoiada polas plataformas integrantes da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións, na cal se solicitaba a retirada íntegra e inmediata de dito regulamento.

Ademáis tomouse a decisión de que o texto de regulamento en vez de ir o pleno pasase directamente a trílogos( negociacións entre comisión consello e parlamento), para así só votar o texto íntegro no pleno cando exista acordo, limitando desta forma a nosa acción.

O MODEPEN fai un chamamento a todas as parlamentarias e parlamentarios galegos que co seu voto en contra , soliciten a retirada do regulamento.

O PEPP proposto pola CE é un paso nos intentos de substituír os sistemas públicos de reparto e solidariedade entre xeracións por fondos privados de capitalización.

Da lectura do texto redactado pola CE dedúcese (entre parénteses a páxina do regulamento da que se toma a cita literal):

  • Que a CE renuncia a esixir dos Estados membros a existencia de pensións públicas suficientes.

  • Que, pola contra, propón complementar/substituír as pensións públicas por fondos privados de capitalización, “o aumento dos aforros adicionais ... destinados á xubilación podería ... mitigar as repercusións dunhas pensións máis baixas dos réximes públicos nalgúns Estados membros ... as pensións complementarias poderían desempeñar un papel chave nos ingresos por xubilación, en particular cando as pensións públicas poidan ser inadecuadas” (p.5).

  • Que suxire que os fondos invistan en instrumentos derivados de alto risco semellantes aos que orixinaron a crise financeira que estoupou en 2007, ”promover unha contorna que estimule a innovación no sector de produtos financeiros” (p.3); “o investimento en instrumentos derivados será posíbel” (p.49).

  • Que, para promover a subscrición do PEPP, propón aos Estados membros aprobaren xenerosas desgravacións fiscais, que benefician as rendas máis altas, as que poden realizar importantes achegas aos fondos de pensións. Estas desgravacións reducen os ingresos da facenda pública e aumentan o carácter regresivo dos sistemas fiscais, “A fin de animar os Estados membros a concederen unha desgravación fiscal aos PEPP, a Comisión adoptou, xunto coa presente proposta, unha Recomendación sobre o tratamento fiscal dos produtos de pensións individuais, incluído o produto paneuropeo de pensións individuais” (p.4).

  • Que o verdadeiro obxectivo do PEPP non é mellorar a protección social, senón alimentar os mercados financeiros e ofrecer un novo espazo de valoración aos capitais financeiros, “canalizar ... cara aos mercados de capitais, máis aforros dos fogares” (p.4). No texto da CE a expresión mercado de capitais aparece 24 veces, o adxectivo financeiro, 60 veces, e UMC, Unión de mercado de capitais, 11 veces. En escandaloso contraste o substantivo pobreza, non se cita nunca. Segundo Eurostat, na UE-28, a poboación maior de 65 anos en risco de pobreza ou exclusión social supera o 18%. Ao promover o PEPP a CE sitúa a ampliación dos mercados de capitais por diante da súa obriga de garantir unha vida digna para os seres humanos vivos.

Cando o regulamento vaia a Pleno, cada representante elect@ deberá decidir entre defender os sistemas públicos de pensións e as súa electoras e electores ou someterse aos intereses dos “bancos, compañías de seguros, xestores de activos, fondos de pensións de emprego, empresas de investimento” (p.4). Votar en contra do PEPP é defender a igualdade entre os seres humanos e o dereito a unha vellez digna. Votar a prol do PEPP é apontoar o camiño cara a unha Europa máis desigual e polo aumento da pobreza entre as persoas maiores. As parlamentarias e parlamentarios deben decidir cal é o seu compromiso.

Por todas estas razóns o MODEPEN chama ás parlamentarias e parlamentarios galegos presentes na Comisión Europea a rexeitar o PEPP e en consonancia cos centos de concelleiros dos seus grupos políticos, que rexeitaron o PEPP nos plenos dos concellos galegos, rexeitar a apliación de dito PEPP co seu voto a favor da retirada íntegra de dito regulamento.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.