Información
Localidades de Galicia

que di apostar polo galego no ámbito económico mais vota en contra de aumentar dereitos lingüísticos

Información
10 Septiembre 2018 879 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Mesa pola Normalización Lingüística critica o cinismo da Xunta e nomeadamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por diciren que apostan pola promoción do galego no ámbito económico e empresarial cando hai uns meses votaban en contra dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) da Mesa para garantir os dereitos lingüísticos neste ámbito.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “é vergoñento escoitar o secretario xeral de política lingüística dicir que a Xunta traballa na visibilización da lingua galega nun ámbito no que vetaron a posibilidade de aumentar dereitos lingüísticos para a poboación. O único que fan é vender fume”.

 

Maceira detallou como en decembro de 2017, o Partido Popular vetaba no Parlamento Galego unha iniciativa asinada por máis de 28.000 persoas e que contaba co apoio de institucións e entidades comerciais, empresariais e sociais. A ILP promovida pola Mesa, procuraba garantir por lei os dereitos lingüísticos da poboación no ámbito socioeconómico e tamén favorecer a creación de postos de traballo no país en sectores como os da teleatención.

A Mesa denuncia o abandono de funcións por parte da Xunta e da SXPL, “o único que saben facer é vender plans de dinamización da lingua galega pantasma só para crear titulares”, en referencia aos anunciados pero non executados plans de dinamización do galego no tecido económico e o plan de dinamización do galego na mocidade.

Maceira lembrou que mentres a Xunta se dedica a facer que fai, a Liña do Galego, servizo gratuíto que ofrece a Mesa para rexistrar parabéns e queixas sobre o uso do idioma, recibe centos de queixas por vulneración de dereitos lingüísticos básicos que demostran como é necesario aprobar leis que favoreza o uso da lingua propia de Galiza.

Por último, desde a Mes animan aos consumidores e consumidoras que non renuncien a exercer os seus dereitos, tamén os lingüísticos, pois con pequenas accións como pedir unha factura en galego ou reclamar atención na lingua propia podemos conseguir avances para o galego e tamén contribuír ao mantemento de postos de traballo no país.

Imaxes:https://we.tl/t-nb3NJQs4ag">https://we.tl/t-nb3NJQs4ag

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+