Información
Localidades de Galicia

O SLG leva o problema da fauna salvaxe á Valedora do Pobo diante do abandono de funcións da Xunta

Información
11 Septiembre 2018 556 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vén de iniciar unha campaña de denuncia na Estrada para amosar os estragos nas granxas e a indefensión que padecen os labregos e labregas

A pesares de que o Sindicato Labrego Galego denunciou, en varias xuntanzas nos últimos meses coa Consellaría de Medio Rural e co Servizo de Protección da Natureza, o gravísimo problema que supoñen os ataques da fauna salvaxe ás diversas actividades agrogandeiras na Galiza, a Xunta segue sen facer nada para solucionalo a pesares de ser coñecedora do feito.

 

Para o SLG, o mantemento da fauna salvaxe é unha responsabilidade de toda a sociedade galega e, polo tanto, da Xunta de Galicia, polo que os danos que esta causa deben ser custeados con cartos públicos. Porén, agora mesmo existe un sistema de compensacións totalmente insuficiente que só cobre unha mínima parte dos ataques, de contías paupérrimas que nunca compensan os danos causados e que acumula varios anos de atraso á hora de facer os ingresos. Por se non abondase, os únicos danos polos que se poden reclamar estas cativas indemnizacións teñen que ser de lobos ou xabarís, quedando sen ningún tipo de cobertura outros moi comúns coma os provocados por corzos, corvos ou cans salvaxes.

Esta é a razón pola que o Sindicato Labrego Galego decidiu iniciar unha campaña de denuncia en toda Galiza, comezando por levar a problemática até a Valedora do Pobo. En efecto, o SLG vén de rexistrar un escrito de queixa dirixido á Valedora no que se denuncia que os ataques da fauna salvaxe constitúen xa un problema case estrutural que, a causa do abandono da Xunta, está a ser custeado polas propias granxas atacadas. E é que os labregos e as labregas, ademais de ser vítimas dos ataques, tamén acaban sendo vítimas do abandono da Xunta, asumindo os custes dos ataques normalmente na súa totalidade ou, se teñen sorte, cunha cativa indemnización tras superar un labirinto burocrático e unha espera de tres anos ou máis para cobrar unha mínima porcentaxe do perdido. Tamén chamamos a atención sobre a ameaza de que a fauna salvaxe estea a ser un foco de contaxio de enfermidades sobre o gando.

O EUCALIPTO FAVORECE OS ATAQUES DOS XABARÍS E A CAZA NON É A SOLUCIÓN

Outro dos factores que fomentan o ataque dalgunhas especies, especialmente o xabaril, é a expansión do monocultivo de eucalipto, xa que se están a implantar un tipo de bosques nos que estes animais non se poden alimentar -ao contrario doutras especies arbóreas coma o castiñeiro ou as do xénero quercus (carballo, sobreira, aciñeira, etc.) das que si tiran a mantenza-, obrigando aos animais a alimentarse atacando os cultivos.

En canto a involucrar aos cazadores na posible solución do tema, dende o SLG dixémoslle á Valedora que isto “non só non contribúe a solucionar os problemas; senón máis ben a agravalos, socializalos e dificultar a súa solución. As competencias de protección da fauna -e da súa xestión- son públicas e administrativas, sen que sexa admisible que a Xunta mire para outro lado”.

Para o Sindicato Labrego Galego, e así llo transmitimos a Medio Rural, Medio Ambiente e á Valedora, a única solución posible é que a Xunta asuma a responsabilidade civil subsidiaria dos danos causados pola fauna salvaxe, cubrindo o 100% dos mesmos e o lucro cesante provocado. Ademais, tamén solicitamos unha entrevista coa propia Valedora para poder tratar a fondo esta problemática que mantén en xaque miles de granxas en todo o territorio galego.

COMPROBANDO OS ESTRAGOS SOBRE O TERREO (Achéganse fotografías)

Para ilustrar esta problemática, o Sindicato Labrego Galego organizou hoxe dúas visitas a granxas afectadas polos ataques do xabaril no concello da Estrada. De seguido, compartimos un pequeno resume da súa testemuña:

  1. Xosé Manuel Gestoso é un gandeiro de Santeles (A Estrada) que nos amosou os estragos que os xabarís lle fixeron en varias leiras de millo. Calcula que este ano, das 30 hectáreas que planta, 3 foron arrasadas: un 10% da colleita. “Imos ter que abandonar as explotacións. Así, non damos vivido”, queixouse Xosé Manuel. Respecto aos apoios da Administración, quixo responder á Xunta cando afirma que hai poucas denuncias: “É normal”, explicou. “Estamos aburridos de denunciar. Algúns pediron axuda, e concedéronlla; a outros, non. E pagan tarde, mal e arrastra, supoñendo que paguen. Diante dunha denuncia de ataques ou presenza de xabarís, a Xunta debería actuar de oficio e con carácter de urxencia: permitir batidas, trasladalos de lugar, o que eles queiran, pero solucionar o problema, non mirar para outro lado. Algunha solución teñen que buscarlle porque isto só pode ir a peor”.

  2. Preto de alí, na parroquia de Codeseda (A Estrada), a granxa de Rosa Basteiro sufriu danos semellantes, pero no seu caso ampliados aos prados de herba, nos que fozaron unha grande área xunto ás vivendas. En canto ao millo, de nada lle serviu ter as plantacións arrodeadas cun pastor eléctrico dobre: os xabarís accederon igual. A pesares dos estragos, este ano vai tendo sorte, pois en anteriores ocasións ten chegado a perder varias hectáreas de pasteiros coa herba lista para ensilar e mesmo leiras de patacas a carón da casa. “A Administración fai ouvidos xordos ás nosas queixas e sentímonos totalmente indefensos”, laiouse Rosa. “O xabaril estraga os regadíos, os prados, o millo, as patacas, a horta... Levamos padecendo este problema dende hai 25 anos. Aquí sementabamos centeo, avea e outros cultivos que tivemos que deixar de botar porque o xabaril non nos deixaba nada”. En canto ás axudas, Rosa solicitou compensacións da Xunta hai dous anos, cando o xabaril lle estragou a metade dunha finca. “Cumprimos todos os requisitos e rexistramos a solicitude en prazo pero, a día de hoxe, aínda non tivemos contestación”.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por primera vez en pruebas de emisión real, el partido que cierra..

A portavoz nacional, Ana Pontón, decidiu colocarse diante de ENCE para denunciar as pintadas ameazantes contra a candidata..

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+