Información
Localidades de Galicia

O PPdeG na Xunta retrasa a publicación das axudas para o fomento do galego en mais dun 70%

Información
18 Enero 2019 271 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Desde a chegada de Feijóo á Xunta esta partida viuse recurtada nun 70%

 

Un ano máis a Consellaría retrasa a publicación das axudas para o fomento do galego e mantén os recortes de medio millón de euros para o seu financiamento

Educación segue sen publicar a Orde de axudas para a promoción do galego por parte dos Equipos de Normalización Lingüística correspondente a este curso académico, un atraso que impide a planificación anticipada e que se poidan materializar moitos proxectos por falta de tempo.

 

A Consellaría de Educación continúa, como xa denunciamos ano tras ano, demorando a publicación da Orde de axudas a proxectos de fomento do galego por parte dos Equipos de Normalización Lingüística. A este atraso engádese que a convocatoria aos proxectos de innovación en normalización aínda se fixo pública o pasado luns 14 polo que os equipos encargados nos centros educativos de fomentar o uso da nosa lingua dificilmente poden planificar con anticipación o traballo que van realizar. E o que é peor, que como o resultado dos proxectos premiados e da asignación que recibirá cada equipo non se coñecerán até ben avanzado o curso pouca marxe de tempo queda para a súa materialización.

Desde a CIG-Ensino cualificamos este desleixo como “intencionado” por parte da Consellaría de Educación, que demostra que o fomento do noso idioma non está entre as súas prioridades, senón máis ben todo o contrario, a teor destes atrasos e do mantemento da redución dos fondos nun 70% con respecto á dotación que se asignaba a esta partida durante o bipartito.  Así, as contías quedan un ano máis do seguinte xeito: 10.000 euros para 5 proxectos de innovación na área de normalización lingüística, fronte aos 27.500 que se dedicaron no curso 2009/2010, mentres que no caso das axudas de fomento da lingua, os tramos por número de alumnado son:

 

Curso 2010/11

Curso 2018/19

Redución

Centros de  máis de 50 alumnos/as

2000

800

- 1200

Centros con entre 25 e 50 alumnos/as

500

300

- 200

Centros con menos de 25 alumnos/as

350

150

- 200

 

Desde o sindicato instamos ao departamento de Educación a convocar canto antes estas axudas, que xa deberían saír en novembro, e a incrementar a dotación para todo o referente á promoción da nosa lingua no sistema educativo, alicerce fundamental para asegurármonos o seu uso futuro na sociedade.

23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)