Información
Localidades de Galicia

Demandamos melloras na sanidade pública tanto a nivel xeral en Galiza como dotacións concretas para o concello da Laracha

Información
23 Enero 2019 1063 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Texto dunha iniciativa que o BNG da Laracha levará á próxima sesión plenaria ordinaria (que será o xoves 31 ás 13:30) na que demandamos melloras na sanidade pública tanto a nivel xeral en Galiza como dotacións concretas para o concello da Laracha (algunhas delas levamos anos solicitándoas). Hai que lembrar que o aumento que se está a facer do edificio do Centro de Saúde da Laracha non conleva ningún aumento de servizos, únicamente o cambio de ubicación física do persoal do PAC, o que presta atención ás poboacións da Laracha e Cerceda en horario de 15:00 a 8:00 e as 24 horas dos festivos.

 

Así pois, diante da situación crítica que está a vivir a sanidade pública no noso país, e sobre todo a Atención Primaria, logo de máis de 9 anos de recortes continuos, reducción de persoal, falta de cobertura das ausencias, etc., desde o BNG solicitamos un aumento do orzamento para sanidade e un Plan de Mellora para a Atención Primaria (lembremos aquel Plan de Mellora que se aprobara durante o goberno bipartito e que o PP de Feijoo botou abaixo nada máis chegar ao goberno), ademáis de melloras concretas para a poboación do concello da Laracha.

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Un dos temas que máis alarma social está provocando na sociedade galega é o gravísimo deterioro da sanidade pública. Un deterioro que é o resultado dos graves recortes e privatizacións que o Partido Popular leva realizado desde 2009, e que están poñendo en risco a saúde e a vida das persoas.

A política sanitaria de Núñez Feixóo á fronte da Xunta de Galiza ao longo destes anos está poñendo contra as cordas a sanidade pública e ten un fin moi claro: converter o dereito á saúde nun negocio para grupos afíns. Favorecer que uns poucos fagan negocio a costa da enfermidade.

Todos os camiños da política sanitaria do PP tiveron como fin a privatización e o desmantelamento do sistema sanitario público a base de recortes continuos e de pór os recursos da sanidade pública ao servizo de intereses privados para poder facer negocio coa enfermidade das persoas. Durante os últimos nove anos, o PP, con Nuñez Feixóo á cabeza, impulsou todo tipo de medidas que afondaron neste desmantelamento: redución de orzamentos, de centos de profesionais, de máis de 700 camas, privatización masiva de servizos, derivacións de doentes a centros privados...

A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes. Nos orzamentos da Xunta deste ano 2019 destínanse 188 millóns de euros menos que os que había en 2009, cun recorte acumulado de arredor de 2.188 millóns de euros. As consecuencias son tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitucións, as listas de espera dunha semana, 10 días para o médico de familia, peche de axendas, saturacións, profesionais que ao ter que acudir a algunha urxencia teñen que deixar as súas consultas abandonadas durante horas, PACs ao limite...

Hai unanimidade entre sindicatos, colexios profesionais, plataformas sanitarias, organizacións profesionais, doentes... en denunciar o grave deterioro que están provocando as políticas sanitarias do Partido Popular, e en que non estamos na fase de grupos de traballo, nin de enquisas virtuais, nin de auditorías. Estamos na fase de asumir responsabilidades e rectificar os recortes e as privatizacións. Estamos nun momento crítico, onde a Xunta ten que dar explicacións e asumir as súas responsabilidades, ante uns feitos de máxima gravidade e rectificar.

No caso concreto do noso concello, a ampliación que se está a facer do Centro de Saúde co novo edificio para ubicar físicamente o PAC non conleva ningún aumento de servizos, simplesmente o cambio de sitio para o persoal que atende en horario de 15:00 a 8:00 e as 24 horas os festivos.

No BNG consideramos, e así o vimos demandando desde hai tempo, que é necesario implementar consultas ordinarias en horario de tarde e o servizo de odontoloxía (o de Carballo está bastante saturado). Tamén pensamos que as veciñas e os veciños de Caión deben poder facer trámites administrativos e solicitar citas (tanto para Atención Primaria como Especializada) no seu Consultorio, sen teren que desprazarse para iso á Laracha ou a Carballo.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

O Pleno do Concello da Laracha insta á Xunta de Galiza a tomar as seguintes medidas para mellorar a sanidade pública galega, fundamentalmente a Atención Primaria, e ofrecer máis servizos á poboación do concello da Laracha:

    1. Dotación de consultas ordinarias en horario de tarde no Centro de Saúde da Laracha e servizos administrativos, cun mínimo dunha consulta médica, unha de enfermaría e unha praza de Persoal de Servizos Xerais.

    2. Creación dunha consulta de Odontoloxía no Centro de Saúde da Laracha, cun mínimo de un/unha odontólogo/a e un/unha hixienista dental.

    3. Dotación dunha praza de Persoal de Servizos Xerais no Consultorio de Caión.

    4. Aumento do orzamento destinado a Sanidade.

    5. Dimensionamento e estabilidade dos cadros de persoal: convocatoria de todas as prazas vacantes en todas as categorías, contratos estábeis e dignos, substitucións d@s profesionais pola totalidade das ausencias, aumento das prazas de formación de especialistas.

    6. Eliminación listas de espera: contratando persoal e tendo operativos todos os recursos dos que dispón o Sergas (camas, quirófanos...) e non derivando doentes á sanidade privada mentres existan recursos dispoñíbeis, susceptíbeis de ser usados nos centros públicos.

    7. Plan de Mellora de Atención Primaria: incremento do investimento até chegar como mínimo ao 20% do orzamento (no inmediato incremento de 200 millóns de euros). Recuperación das Xerencias de Atención Primaria con capacidade resolutiva e orzamentaria. Incremento de prazas (fundamentalmente medicina familiar e pediatría). Mellorar os equipamentos nos centros de saúde e PACs. Garantir equipos completos de profesionais nos PACs.

A Laracha, 25 de xaneiro de 2019

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+