COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus a través de intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Información
Localidades de Galicia

A FALTA DE OFERTA CULTURAL EN ARANGA CONDICIONA AS OPORTUNIDADES DOS VECIÑOS, ALERTA O BNG

Información
28 Enero 2019 802 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

“O
goberno local non está aproveitando a grande oferta cultural proposta na Rede
Cultural da Deputación e perde unha oportunidade máis de brindar servizos á
vec

iñanza.”

“É
unha responsabilidade do goberno local de Aranga ampliar a oferta e a variedade
dos espectáculos; a demanda cultural tamén se crea desde os departamentos de
cultura dos concellos.”

“A
cultura non é, como nos queren vender desde o PP, apenas un gasto en
entretemento, é unha ferramenta fundamental para enriquecer a nosa vida e a nosa
perspectiva do mundo, e a iso poden contribuír tamén charlas formativas, sobre
saúde, orientación laboral, formación en coidados ou mellora de
hábitos”

Aranga,
28 de xaneiro.- “A
escaseza de ideas e o desinterese do goberno local lastra, tamén no ámbito da
cultura, as posibilidades de desenvolvemento futuro de Aranga”. Así o asegurou o
candidato nacionalista á alcaldía, Carlos Díaz, ao presentar as propostas de
política cultural do seu partido para o concello.

Un
servizo esencial e dereito irrenunciable

“A
oferta cultural debe entenderse como un servizo máis, necesario para levar unha
vida mellor, fixar poboación e contribuír á formación das novas xeracións. As
eivas neste campo, como en tantos outros, contribúen a facer das persoas que
habitamos no medio rural cidadáns e cidadás de segunda categoría, fronte a quen,
desde a cidade, ten acceso a unha oferta moi superior e máis variada”, declarou
o candidato á alcaldía do BNG Carlos Díaz.

Levar
á cultura as aldeas de Aranga

Desde
o grupo nacionalista propoñen a creación dun servizo municipal de biblioteca
itinerante, que traslade un stock variado de libros para todas as idades,
fomentando así a lectura entre os distintos sectores da poboación e contribuíndo
ademais á posta en valor dos libros que hoxe se amorean nas axencias de lectura
de Aranga e o Toxiño.

Desde
o BNG denuncian a situación das axencias de lectura, cun fondo descuidado e sen
actualizar e, no caso da de Ponte Aranga co teito danado e sen amañar. Nese
sentido o BNG apuntou a necesidade de transformar estas axencias en auténticos
centros culturais que cheguen a diversos públicos e actúen ademais como
plataformas para a dinamización lectora e cultural. "Hai moitos xeitos de
aproveitar estas instalacións, as bibliotecas hai tempo que deixaron de ser
depósitos de libros para se transformar en centros que achegan servizos de
Internet, préstamo de filmes e información do máis variado, actuando como
auténticos espazos de alfabetización dixital. Pero o PP semella que non quere
ver iso".

“Queremos
levar a cultura ás aldeas, pero non só a que está nos libros ou máis
espectáculos da Deputación; falamos tamén de conferencias ou charlas que poden
achegar formación de utilidade para emprender un negocio, resolver problemas de
calquera tipo ou mellorar as condicións de vida da veciñanza”, din desde o
BNG.

“No
BNG temos un modelo de xestión cultural completamente alternativo ao do PP.
Cremos que é moi recomendábel dar, por un lado, cabida ao maior número de gustos
e por outro lado, fomentar a participación da veciñanza, con propostas como a
recollida de patrimonio inmaterial e a celebración de foliadas, a creación de
grupos de teatro afeccionado ou a creación de locais de ensaio, … ideas que
buscan recuperen a dimensión colectiva da cultura e que o PP nunca estivo
interesado en fomentar”, conclúe Díaz.

“Vemos
un goberno local acomodado, sen falta de ideas. É a todas luces evidente que a
demanda en cultura hai que creala e as administracións teñen obriga de ofertar
propostas e  espectáculos para todos os gustos”, critica Díaz.

Corrixir
unha pobre xestión cultural

Os
nacionalistas critican que en todo o ano pasado o goberno local trouxese apenas
catro espectáculos ofrecidos pola Rede Cultural da Deputación, que son, lembra o
BNG “variados e totalmente gratuítos para o noso Concello, con teatro, música,
danza”.

Como
botón de mostra desa falta de variedade, o responsable nacionalista tira de
comparación co concello de Irixoa, tamén gobernado polo PP, que trouxo case o
dobre de espectáculos o ano pasado.

“En
Aranga, para colmo, non houbo moita variedade no tipo de actividade ofrecida: de
catro espectáculos, tres foron concertos de corais e só foi un concerto para
nenos e nenas, o que amosa o escaso interese por atender a diferentes públicos e
ter cando menos unha mínima variedade dentro da escaseza”, concluíu
Díaz.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago