Información
Localidades de Galicia

Acaban de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex

Información
30 Enero 2019 858 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A profesora Elena Vázquez Abal presentoulle MatHex aos medios de comunicación. Foto: Servimav

Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex

(https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.

A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX creado polos matemáticos John  Nash e  Piet  Hein, que se presenta combinado con preguntas relacionadas con esa disciplina dende moitas ópticas, que pasan pola resolución de problemas ata preguntas sobre historia, cunha parte moi destacada dedicada ás mulleres matemáticas.

O obxectivo do xogo é completar un camiño de baldosas que conecten co lado oposto do taboleiro. Para ‘conquistar’ cada baldosa haberá que responder correctamente a pregunta no tempo permitido; en caso contrario non se avanzará. Gañará quen consiga que o seu avatar sexa o primeiro en completar o camiño entre os dous lados.

A versión beta, que en futuras edicións irá ampliando as preguntas e os idiomas, presenta cinco niveis de dificultade, incluíndo un especial para nenos e nenas de 7 a dez anos. Polo de agora están activos os modos ‘Persoa contra persoa’ e ‘persoa contra máquina’, con máquinas con tres niveis de destreza. Proximamente poñerase en marcha o modo ‘en liña’ para xogar con opoñentes a distancia.

MatHex, que conta con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ten a vantaxe de que non ocupa espazo no dispositivo xa que non necesita instalación; xógase dende o navegador web da computadora ou da tablet.

Ferramenta para o profesorado
Nestes momentos o equipo creador busca ter a maior participación posible para poder mellorar a versión actual –para iso hai dispoñible un apartado de suxestións- e ir avanzando no programa definitivo, que agardan ter no mes de marzo. Tamén, como explica unha das súas creadoras, a profesora Elena Vázquez Abal, “temos a intención de que o xogo se poida usar nas aulas, onde o profesorado poderá incluír o seu propio conxunto de preguntas e xogar co alumnado da clase. Ademais, neste curso contamos con ter unha versión en galego”.

MatHex é froito dos docentes Elena Vázquez Abal, José Carlos Díaz Ramos, Víctor Sanmartín López e Esteban Calviño Louzao, membros do grupo de innovación docente  GrID-A/ XD da USC. Contaron tamén coa colaboración de CHOCOSOFT no desenvolvemento e programación do xogo e de ADUMBRO no deseño gráfico e da interface.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+