Información
Localidades de Galicia

O TSXG confirma a condena de seis anos de cárcere a un home que violou a unha amiga cando estaba inconsciente

Información
30 Enero 2019 217 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a pena de seis anos de cárcere a un home que abusou sexualmente dunha amiga en agosto de 2016 cando se atopaba inconsciente tras consumir alcol nunha romaría da Estrada. O tribunal, do mesmo xeito que a Audiencia Provincial de Pontevedra, considera probado que o sospeitoso e outras dúas persoas acompañaron a vítima á súa casa cando se sentiu indisposta “ata o punto de perder o coñecemento”. Pouco tempo despois, o acusado, que sabía que a muller estaba soa e que a porta non quedara pechada con chave, volveu ao domicilio “co propósito de satisfacer os seus instintos libidinosos”. Unha vez alí, o home quitoulle a roupa, meteuna na cama, deitouse con ela e violouna. A muller, segundo a sentenza, atopábase nun estado de “inconsciencia”, polo que non puido opoñer resistencia. A vítima recobrou o coñecemento cando a violaba.

 

Os maxistrados destacan na resolución a “plena credibilidade” das declaracións da muller. “Non nos achamos ante un testemuño de cargo vago ou impreciso”, sinalan, á vez que o cualifican de “persistente, detallado, razoable, lóxico e sincero”. De feito, salientan que é “sincero ata o punto de chegar a recoñecer que o acusado non a golpeou en momento algún e que non a suxeitaba”.